As caixas chinas son idiófonos de percusión indirecta por ser golpeadas por unha baqueta. Teñen o seu orixe no termo inglés "wood-blocks", de traducción bloques de madeira. A caixa china está formada por unha cavidade cúbica de madeira cunha fenda lateral para obter maior resonancia. O seu son é seco e duro polo que hai que modelar a súa percusión para obter distintas sonoridades. Empréganse baquetas duras de madeira ou de goma para percutilas.