BONGÓS

Bongós Bongós

Membranófonos de percusión e de altura indeterminada aínda que actualmente tanto os bongós como as congas poden afinarse. Proceden de América Latina e das Antillas. Os bongós están formados por dúas caixas cortas de forma cónica e abertas na base. A súa sonoridade é máis aguda que a da conga. Pode ser interpretado coas mans e colocado entre as pernas, ou ben, pódese apoiar sobre un soporte.