BOMBO DE ORQUESTA

Bombo de orquesta

O bombo é un membranófono de percusión. Pódese considerar un tambor grande con parches a ambos lados, polo que se toca verticalmente. O seu son é moi grave e potente. Percútese cunha maza. É un instrumento que se incorporou á música galega xunto co tamboril e a gaita. Marca o pulso ou o acento nas composicións galegas.