BERIMBAO

Berimbao

Idiófono punteado de orixe oriental. Baséase nunha lingüeta metálica flexible que ten un extremo suxeito a unha moldura de ferro forxado. O son do berimbao ou guimbarda depende da cavidade bucal, da posición dos beizos, da mandíbula e da lingua. O extremo libre da lingüeta belíscase co dedo e o instrumento suxeitase coa boca.