A batería eléctrica é un electrófono. O seu funcionamento basease na utilización de sinais producidas por oscilacións dun xerador de son, sinais que son modificadas e amplificadas antes de ser emitidas polos altofalantes. Os electrófonos máis coñecidos son a guitarra eléctrica, o órgano eléctrico, ... pero tamén hai dispositivos preparados para outros instrumentos. As baterías deste tipo contan cuns paneis ou caixas planas, conectadas ao módulo.