BANDURRA

Bandurra

Instrumento de corda pulsada tradicional español. Está formado por unha caixa plana, un mastil e un caravilleiro. Este último inclinado lixeiramente cara atrás. A bandurra conta con seis cordas dobres. É un instrumento empregado sobre todo na música popular.