É de orixe galés. Consta de 32 cordas suxeitas con clavixas sobre a consola e ao centro da táboa harmónica. Debaixo destas clavixas hai unhas paletas xiratorias que poden facer subir cada nota un semitono. É un instrumento diatónico. Tócase sentado, colocando a arpa entre os xeonllos e facendo reposar a parte máis alta do instrumento sobre o ombreiro.