O harmonio é un aerófono que consta dun fol e un teclado con xogos e rexistros. Leva un mecanismo de lingüetas libres percutidas por martelos accionados polas teclas. A lonxitude de cada lingüeta é a que determina a altura sonora. Os foles son accionados alternativamente por dous pedais. O harmonio dispón dun número variable de rexistros sobre o teclado que lle permite tocar distintos rexistros en cada man. Algúns harmonios posúen un dobre teclado. Este instrumento está ligado a coleccións litúrxicas.