Créditos:

 

O autor
Xosé Antón Vicente Rodríguez . Son mestre no CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía de Arousa.  Dou clases de Educación primaria. Posúo as especialidades de Educación Física, Matemáticas e Galego . Estou licenciado en Ciencias da Educación (Especialidade: Organización e Dirección de Centros Educativos) pola UNED.

 

Editores web
Esta Aplicación Web foi feita con dous editores de páxinas Web:
  • A portada e as pantallas de información e créditos con FRONTPAGE 2000 de Microsoft.
  • Tódalas páxinas htm e html de actividades coa suite de programas de HOT POTATOES. Utilicei concretamente a versión 6.0 (Realase 1 Build 23) . Hot Potatoes é unha suite de programas elaborado pola Universidade de Victoria (Canadá) gratuito para os docentes. O programa está traducido ao galego por min dende o ano 2001.

 

Fotografías e información
  • A maioría das máis de 200 fotografías que compoñen esta aplicación foron realizadas por min cunha cámara dixital Nikon 4300, optimizadas posteriormente con "Adobe Image Ready 3.0" e por último retocadas para darlles un borde branco.
  • As demáis fotografías foron sacadas das páxinas web dos distintos concellos de Galicia.
  • A información das fiestras adicionais que se abren ao acertar cada pregunta obtívena de diferentes enciclopedias, manuais, guias turísticas, webs municipais ou coñecemento persoal que tiña do lugar en cuestión.

 

 

 

(c) Xosé Antón Vicente Rodríguez - CEIP O Piñeiriño