Aves de Valdeorras

Guía do profesor

 

 

Para volver á páxina de inicio preme na casiña

                                                                              

Índice

1      Datos de Identificación.

         1.1.-Título.

         1.2.-Contexto de aplicación.

         1.3.-Profesorado que intervén.

         1.4.-Delimitación do campo de traballo.

2      Memoria.

         2.1.- Características técnicas do software e do hardware necesarios para a utilización do programa.

                   2.1.1.-Información relevante para o bo aproveitamento do recurso..

         2 .2.-Procedemento de elaboración do recurso e dos medios utilizados.

         2.3.- Avaliación.

3      Guía Didáctica.

         3.1.- Xustificación.

                   3.1.1.-Antecedentes.

                   3.1.2.-Contexto no que xorde.

         3.2.-Obxectivos.

                   3.1.1.-Obxectivos Xerais.

                   3.1.2.-Obxectivos Específicos.

         3.3.- Metodoloxía.

         3.4.- Avaliación.

4       Anexos

1.     Datos de Identificación.

         1.1. Título:

           Aves de Valdeorras

         1.2. Contexto de aplicación:

                            CEIP Condesa de Fenosa

                            R/ Coruña nº 24

                            32300 O Barco de Valdeorras

                            (Ourense)

        

         1.3.- Profesorado que intervén.

         Xoaquín C. Freixeiro Álvarez

         Mª del Carmen García Fernández  

                  

Dentro da nosa Programación Xeral Anual (P.X.A.) proponse este programa ó profesorado de informática do centro para presentalo os/as alumnos/as durante a Semana da Natureza: 1º quincena de maio, especialmente para 3º ciclo de primaria. Tamén a calquera profesor interesado no tema tanto deste centro coma doutro.

 

         1.4.- Delimitación do campo de traballo.

O proxecto diríxese ós alumnos e ás alumnas de E. Primaria, sobre todo no terceiro ciclo por ser os contidos máis adaptados a súa programación de aula.

Tódolos alumnos/as de E. Primaria poden ser usuarios do programa en parte ou na totalidade dunha forma guiada nun primeiro momento e de xeito autónomo posteriormente.

Tamén se propoñen actividades como recollida de datos a través da observación directa, ou uso do caderno de campo, que serán posteriormente utilizados para a elaboración de materiais.

 

               

2      Memoria.

          2.1.- Características técnicas do software e do hardware necesarios para a utilización do programa.

         A páxina Web está optimizada tanto para unha resolución de pantalla de 1024x768 píxeles,  como para  unha resolución de 800X600.

·       Para entrar na páxina: O CD-Rom contén un autoexecutable que abre a páxina de inicio ao se inserir no lector. Con todo, e no caso de que por algunha causa non se autoexecutase, abrindo a carpeta aves e clicando sobre a páxina index.htm abriríase a páxina.

Trátase dunha páxina de marcos na que hai un índice na parte esquerda que nos permitirá navegar polas distintas páxinas.

·       Os gifs animados, siluetas, modelados e animacións son orixinais do autor

·       Os sons están en formato MP3.

·       A maioría das  imaxes están en formato JPEG, pero tamén hai imaxes en formato GIF (as de fondo transparente e as animacións). Tódalas imaxes son de autoría propia ou libres de copyrigth.

 

 

2.1.1.-Información relevante para o bo aproveitamento do recurso.

Os apartados seguintes: Galería - Guía das aves - Canto aprendimos ?.(Actividades JClic), ábrense nunha xanela nova para permitir recibir axuda mentres traballamos na páxina.

Así a  guía pódese usar conxuntamente coas xanelas da galería, para ter a referencia da imaxe da ave que queremos identificar. Tamén canda as actividades JClic, podemos ter abertas a guía ou a Web para navegar na busca das solucións das actividades..

·       Actividades:

Optouse por introducir actividades JClic en vez de outras alternativas (Ex: Hotpotatoes) porque é máis versátil, aportando máis opcións de exercicios e permite un entorno visual máis atractivo para os nenos/as.

As actividades céntranse en cuestións de anatomía e identificación das 32 especies máis habituais da zona.

As actividades dos alumnos entre outra características son autocorrectoras: á vez que van acertando cada resposta van completando o debuxo da base. Deste xeito eles mesmos van comprobando a veracidade das súas respostas e o seu grao de aprendizaxe. Así mesmo esto nos permite traballar en diferentes niveis de complexidade dada a diferencia de idade do alumnado o que vai dirixido

·       Comentario breve das páxinas principais:

Páxina de inicio:

Ademáis dos créditos, nesta páxina o usuario pode elexir a resolución de pantalla axeitada para o seu ordenador. Tamén dende ela podemos acceder a esta guía didáctica.

Páxina Principal:

Presenta o atractivo de cor, música e movemento para captar o interés dos nenos e nenas dende o primeiro momento.

                   Orixe das aves:

Como fío motivador partimos do tema dos dinosaurios que nos axudará a comprender mellor a evolución animal.

                   Anatomía das aves:

Nesta páxina picando nas diferentes partes do corpo dun modelo de paxaro, aparécenos nunha xanela flotante información sobre cadansúa parte, facendo relación das diferencias morfolóxicas das distintas aves co nicho ecolóxico que ocupan as propias aves.

                   Onde observar aves

Tamén mediante xanelas emerxentes recollemos información dos mellores lugares para a observación de aves dentro da comarca de Valdeorras.

                   Observación:

Indícase material básico para observar e cales son as pautas de conducta que debemos gardar na natureza.

                   Galería

Imaxes provenientes do noso caderno de campo, captadas no propio entorno de Valdeorras, polo que todas as aves ofrecidas neste apartado son de posible observación nunha saída de campo na comarca.

                   Guía das aves:

A Guía das aves pretende, ao través de pantallas de opcións múltiples, ir seleccionando aquelas características significativas das aves que queiramos identificar, deica acadar o nome dunha especie. Tamén se ofrecen, ó chegar á pantalla final de cada busca informacións sobre especies relacionadas coa principal para ampliar os nosos coñecementos.

                   Curiosidades:

Datos curiosos e de gran atractivo sobre o mundo das aves. En ningún momento se pretende a súa memorización. Por ejemplo: cousas como que o Carrán Ártico percorre 40.000 km  ¡chama a nosa atención!

                   Directorio:

Páxina de enlaces a Webs relacionadas co mundo das aves e que presentan recursos de interese para ampliar as informacións presentadas no sitio Web.

                   Canto aprendimos?

Actividades JClic nas que o usuario pode autoavaliar os coñecementos adquiridos, tanto sobre anatomía como de identificación das especies máis comúns do entorno valdeorrés.

 

 

 

2.2.-Procedemento de elaboración do recurso e dos medios utilizados.

 

É indiscutible que o uso das tecnoloxías da información e a comunicación como recurso educativo posibilita e facilita o acceso a formación e a información. A adquisición de novos coñecementos dun xeito dinámico activo pasa pola alfabetización de alumnos e profesores nas novas tecnoloxías. Por elo dende o Ceip Condesa de Fenosa a inclusión das novas tecnoloxías nas aulas é cada vez máis frecuente así como a necesidade de materiais motivadores en galego para os/as nenos/as.

Solo conxugando os intereses dos nenos/as, o contorno no que nos movemos e as novas tecnoloxías que nos permitan traballar de xeito doado podemos acadar un ensino de verdadeira calidade.

O procedemento de traballo comprende tres fases:

1ª Fase: Fase de deseño do traballo

                   Observación das aves

                   Recollida de datos

                   Notas no caderno de campo

Recollida de sons

Realización de fotografías

2º Fase: Fase de Producción

                   Organización, planificación e deseño da páxina

                   Recollida e selección de información

                   Elaboración de distintas actividades

3º Fase Fase de execución do programa

Avaliación

Que aprendimos?

         Aprendimos a observar?

         Aprendimos a recoñecer diferentes especies?

         Aprendimos a diferenciar sons?

3      Guía Didáctica. Deseño.

         3.1.- Xustificación do proxecto.

·       Que pretendemos?

         O principal obxectivo é:

                   “ensinar ós rapaces e rapazas a observar.”

         Para elo contamos cun elenco de sesenta aves que viven en Valdeorras e que os nenos e nenas poden coñecer no seu propio entorno de xeito doado. Por elo evitamos as aves mariñas e centrámonos nesta zona interior de Galicia de clima atlántico con influencias mediterráneas que nos proporciona un entorno tan particular.

         Para acadar isto o primeiro que necesitamos é coñecer as características das aves que nos farán máis doada a súa identificación: Partes do corpo, cor, tamaño…

Ex: Identificación das aves por tamaño

                   3.1.1.- Antecedentes

                   Unha das razóns pola que decidimos levar a cabo este traballo foi por que no curso pasado a raíz dunha serie de saídas ó campo decatámonos do interese que suscitaba nos alumnos/as o tema dos paxaros. Esto unido o interés “innato” polas novas tecnoloxías fixo que nos plantexáramos a recopilación de materiais nun primeiro momento e a súa presentación do xeito máis motivador e axeitado para os nenos/as.

Así pretendemos ir enchendo de contidos didácticos e contextualizados as aprendizaxes a través das novas tecnoloxías.

Daquela propuxémonos facer un proxecto minucioso que parta dos intereses e necesidades máis achegadas ós alumnos/as onde a observación e a análise foran os puntos de partida.

 

                   3.1.2.-Contexto no que xorde

Con este sitio Web pretendemos continuar coa dinámica do centro de implicar a toda a comunidade educativa en proxectos de interese comúns que faciliten a coordinación entre os profesionais do claustro.

A intención deste traballo é aproveitar uns recursos didácticos anovadores e altamente motivadores para o alumnado e que nos poden servir de moita axuda no traballo cotiá, a vez que buscamos que a utilización da nosa aula de informática sexa cada vez máis satisfactoria.

Por iso coa introducción da novas tecnoloxías na aula pretendemos aportar uns materiais motivadores, sinxelos e de doado manexo que axuden ós/ás alumnos/as a acadar os obxectivos académicos prantexados respectando en cada momento a individualidade no ritmo de aprendizaxe de cada un e mellorando o rendemento dos alumnos/as.

 

Propóñense tres lugares específicos de Valdeorras para observar as aves: A Serra da Enciña da Lastra, O Encoro de S. Martiño e o río Sil ó paso polo Barco de Valdeorras xa que son os lugares e maior interese ornitolóxico da comarca.

Tódalas especies que aquí podemos observar aparecen na guía das aves vencelladas directamente ás aves da súa familia e relacionadas con elas.

 

3.2.-Obxectivos:

       Só si partimos dunha valoración adecuada do uso da informática nas aulas, na súa xusta medida e cun coñecemento mínimo dos programas que desexamos utilizar, estaremos en condicións de plantexarnos a súa verdadeira introducción no ensino.

Pretendemos que os profesores se acheguen ás tecnoloxías para que mellore o proceso de ensino-aprendizaxe dos alumnos/as e que tódolos coñecementos poidan ser experimentados e vividos por profesores e alumnos.

Pretendemos que o ordenador sexa o instrumento para potencia-las aprendizaxes con creatividade como recurso, guía e avaliación.

Por outra banda queremos traballar programas feitos a medida das nosas necesidades, con contidos referidos ó noso entorno que os nosos nenos/as reclamaban dado que os programas de mercado non eran a solución.

Queremos facer unha verdadeira contextualización do ensino nas novas tecnoloxías

       Pretendemos ofrecer unha educación multimedia onde os alumnos/as fagan un uso adecuados das tecnoloxías e poidan acadar os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para comunicarse, utilizando diferentes linguaxes e medios, ó tempo que desenvolven unha autonomía persoal que os capacita para comprender e valorar o medio no que viven.

 

                3.1.1.-Obxectivos Xerais

 

1       Pretendemos resolver o problema didáctico da área de Coñecemento do Medio relacionado cos animais do noso entorno, concretando coas aves,que pola súa complexidade non é doado para os alumnos/as. Inclúese dentro do bloque de contidos:

“As paisaxes de Galicia” Animais do meu entorno

2       Adapta-los contidos educativos á realidade galega máis cercana.

3       Mostrar un deseño pedagóxico con exemplos, exercicios e suxestións que permitan acadar os alumnos/as un nivel de contidos e aplicacións didácticas relevantes na súa formación.

4       Presentar as actividades permitindo o proceso de autoavaliación por parte do alumnado, tendendo deste xeito a promover unha aprendizaxe autónoma do alumno/a.. Ex: ver Canto aprendimos  ?

5       Valora-la calidade do deseño gráfico, a interactividade e o uso doado do material por parte dos alumnos/as.

6       Achegar cada vez máis o ensino ás novas tecnoloxías e facilitar o profesorado a súa labor docente con materias de fácil uso e transferibles a outros centros educativos onde poden ser doada a súa adaptación.

7       Facilitar os medios para que os alumno con discapacidades motoras que non lle é doado o acceso a un entorno natural poidan disfrutar del a través deste medio.

Obxectivos específicos

·       ·Potencia-la capacidade de observación.

·       ·Realizar materiais didácticos, adaptados á realidade do centro, para a súa aplicación na aula de informática.

·       ·Desenvolver temas da área de Coñecemento do Medio (Aves) en formato web, e despertar unha conciencia de defensa e respecto do seu entorno natural máis próximo.

·       Exercita-las destrezas básicas necesarias para acadar un nivel aceptable de usuario das tecnoloxías.

·       Iniciarse no uso das novas tecnoloxías dunha forma libre e responsable.

·       Desenvolver novas habilidades comunicativas para o traballo en equipo.

·       Outorgar ós/ás alumnos/as un maior protagonismo e participación no proceso de aprendizaxe así como maior motivación.

·       Procurar unha atención individualizada e un maior contacto entre escola e contorno.

·       Facilitar o acceso a máis recursos dos que dispón a escuela tradicional ou a familia.

·       Conceder maiores oportunidades ós alumnos/as con discapacidades.

3.3.- Metodoloxía.

O estilo de aprendizaxe que propoñemos está baseado no constructivismo, polo que o rol do profesor será o de capacitar e facilitar o proceso de construcción de actividades significativas e ensinar ós/ás alumnos/as aqueles coñecementos específicos do programa que se estea utilizando, formar ós nenos/as no uso de ferramentas informáticas sinxelas para conseguir unha conducta autónoma co ordenador así como desenvolver a capacidade de resolución de problemas, experimentación e análise das conclusións.

Como principio de calquera aprendizaxe está a motivación, e na actualidade a forma de motivar non se pode prantexar sen incluír a informática. As aprendizaxes a través do xogo, a posibilidade de errar, repetir, volver atrás, perfeccionar, ampliar  ...  xa non pasan necesariamente pola goma e o lapis; hoxe co ordenador este aspecto está resolto.

3.4.-Avaliación.

A máis dos sistemas e procedementos de avaliación habituais: continua, ó longo do proceso e sistemática, ó remate do traballo valorouse de forma moi positiva os seguintes aspectos:

Grao de coñecemento e desenvolvemento do entorno web.

Grao de satisfacción do alumnado ó que llo presentamos.

Posibilidades de aproveitamento dos materiais confeccionados.

A repercusión no proceso de aprendizaxe diario.

As posibilidades de ampliación a outras áreas e niveis.

 

A posta en marcha dun proxecto común para todo o centro, a participación de toda a comunidade escolar: profesores e alumnos/as de tódolos niveis é o noso entender o maior logro acadado neste traballo, sen todos eles non tería sido posible.

 


4      Anexos.

         Imprimiremos as páxinas máis representativas que nos dan unha idea xeral do traballo xa que non resultaría operativo imprimir todo o proxecto dado o elevado número de páxinas, actividades, tipos de aves