Cegoña branca (ciconia ciconia)
|
|
Ten a
prumaxe branca,
agás nas puntas das ás. Tanto o peteiro como as patas son longas e de cor
vermellas. O niño é unha grande estructura que constrúen con poliñas e ramallos enriba de campanarios, chemineas, torretas eléctricas... Aliméntanse de insectos, peixes, anfibios, micromamíferos, etc... Vese sobre todo preto de zonas húmidas (ríos e marismas) e tamén en terreos de labor. É un visitante estival, aínda que hai exemplares que quedan en Valdeorras a pasa-lo inverno.
|
![]() |