Lavandeira verdeal (Motacilla flava)
![]() |
A lavandeira verdeal
recibe en castelán o nome de lavandera boyera, e é unha ave de presencia
estival, e que sempre aparece ligada a cursos de auga. De feitura semellante á lavandeira branca, ten o peito amarelo. Aliméntase de insectos, principalmente mosquitos e saltóns. |