Via Linguae |
1. PRESENTACIÓN O obxectivo de Via Linguae é proporcionar un recurso multimedia interactivo, atractivo e novedoso, que se poida empregar no ensino de idiomas. Está baseado en tres galerías fotográficas diferentes, unha para cada idioma (galego, inglés e francés), e nunha serie de exercicios para practicar as diversas destrezas lingüísticas. 2. DESTINATARIOS En principio, está pensada para Escolas de Idiomas, pero as galerías en inglés e en francés poderían aplicarse a alumnos da ESO e Bacharelato. No caso do galego, pensouse en alumnos “EOI” de galego non nativos, para os cales supoña un esforzo suplementario tanto a comprensión como a expresión escrita e oral. 3. UTILIZACIÓN Partindo da hipótese dunha viaxe, os alumnos deberán escoller aquel percorrido que se presente na lingua que queren practicar. Para cada lingua, haberá unha colección de 25 imaxes cos seus correspondentes exercicios. As actividades divídense en 3 categorías: a) Descrición da imaxe e comentario crítico da fotografía. b) Redacción sobre o tema indicado no exercicio. c) Creación dun diálogo elaborado a partir dunha situación indicada no exercicio. Posterior representación do mesmo diante do resto da clase. Pese a que o seu manexo é bastante intuitivo, na páxina de inicio de Via Linguae os usuarios dispoñen dunha icona de axuda e outra de presentación da galería, por se necesitasen información complementaria. Unha vez feitas as actividades, o profesor pasará a avalialas, corrixindo, se é necesario, os erros cometidos. Para iso tamén se ofrece un solucionario didáctico no que se dan máis datos sobre ás fotos. As situacións comunicativas propostas, sobre todo no caso dos diálogos, tentan semellarse ás que poderían acontecer nunha viaxe (perda dun billete, retraso dun transporte) para que os alumnos poidan practicar actos de fala auténticos. Igualmente, existen algunhas situacións inauditas e divertidas que despertarán a imaxinación dos estudantes. Cabe salientar o feito de que nunca sabemos as actividades que propón unha fotografía ata que entramos nela, polo que o azar ou a intuición dos alumnos tamén desenvolven un papel importante, dándolle un enfoque lúdico. Para un aproveitamento idóneo, sería recomendable que estudantes estivesen en parellas durante o exercicio. Igualmente, se recomenda que na aula de ordenadores onde se utilice Via Linguae exista unha conexión a internet que os alumnos poidan empregar para levar a cabo algúns dos exercicios. Se non existise, os estudantes poderían utilizar os fondos bibliográficos da biblioteca. En canto ó nivel dos alumnos, tendo en conta que os exercicios están baseados na expresión tanto escrita como oral, as actividades poden realizarse sen que os coñecementos sexan un impedimento. A lingua que utilicen será a que coñezan, polo que tamén neste aspecto, Via Linguae ofrece moitas posibilidades de traballo. Do mesmo xeito, ó estaren redactadas na lingua de aprendizaxe, os estudantes tamén practican a comprensión escrita, e no momento da representación dos diálogos perante os seus compañeiros, a comprensión oral. En resumen, as catro estratexias básicas da aprendizaxe de idiomas, é dicir, a compresión e a expresión tanto escrita como oral quedan cubertas. 4. RELACIÓN CO CURRÍCULO De
acordo ó Real Decreto 1523/1989, de 1 de decembro, BOE de 18 de decembro
de 1989, esten son os obxectivos de Via Linguae:
4.1.
Obxectivos específicos da competencia comunicativa a)
Comprensión oral -Seleccionar a información necesaria, a partir dun contexto falado. b) Expresión oral -Participar
eficazmente nunha conversa expresando claramente os puntos de vista e
opinións. c) Comprensión escrita -Entender
textos non especializados, dirixidos a un lector de nivel medio d)
Expresión escrita -Utilizar
a formas máis habituais de transmisión escrita. -Conter experiencias propias ou alleas e describir ideas e acontecementos dun punto de vista persoal. -Desenvolver
un tema de debate, establecendo os puntos de vista dun xeito claro e
organizado. e)
Interacción social
-Interpretar
eficazmente as actitudes e a intencionalidade, mesmo implícita dos
interlocutores.
-Comprender
os rexistros e estilos máis habituais. 4.2.
Obxectivos específicos da competencia gramatical Os
correspondentes ó curso que estudian os usuarios da galería fotográfica. 4.3.
O contido cultural En relación ó contido cultural, o currículo descríbeo como un vehículo
normal para a adquisición da competencia comunicativa. No caso de Via
Linguae, tanto os exercicios propostos como as fotografías axudan a
mellorar este aspecto.
|