Instruccións (FAQs):
|
||
¿Que é Vial-Test ? | ||
É un programa en contorno web mediante páxinas
htm e html que ten como obxectivo fundamental que os nosos alumnos e
alumnas demostren xogando os seus coñecementos sobre Educación
Vial .
A aplicación consta de 200 preguntas sobre aqueles aspectos curriculares da Educación Vial contidas nos DCB de Primaria e ESO, estructurándoos en diferentes bloques: Somos peóns, acompañamos ao conductor, andamos en bicicleta, patín e monopatín, os nosos pais son coductores, imos en autobús,... e polo tanto temos que coñecer os sinais de tráfico que vemos nas distintas vías públicas.
|
||
¿A quen vai dirixido? | ||
Está deseñado para alumnos
do terceiro ciclo de primaria e para todos os da ESO.
Podería tamén empregarse para etapas educativas posteriores (Bacharelato, Ciclos Formativos,...) como recurso dunha metodoloxía específica acorde coas súas idades.
|
||
¿Como se estructura a aplicación? | ||
Vial-Test está
estructurada en vinte pantallas de 10 preguntas cada unha, con catro opcións de
resposta, das cales só unha é correcta.
En cada unha das vinte pantallas hai dez preguntas monográficas con dificultade variable (dende cuestións moi sinxelas a outras máis complexas) para que tódolos alumnos e alumnas poidan respostar algunha delas ao primeiro intento, atendendo así a aqueles alumnos con necesidades educativas especiais. Esta é a estructura de contidos:
Existe un botón adicional que nos permite navegar polas vinte pantallas sen interrupción (a totalidade das 200 preguntas).
|
||
¿Como funciona? | ||
Despois de ler
detalladamente o apartado de "Instruccións", daremos comenzo á
aplicación clicando no botón de bloque temático que queiramos traballar.
Aparecerá unha pantalla con dez preguntas. Cada pregunta amosa no lado dereito da ficha unha fotografía
ou imaxe relacionada co tema de que trata, e á esquerda catro posibles respostas á pregunta
formulada na parte superior en negriña.
Se prememos unha resposta incorrecta veremos un emoticón de tristura () e se acertamos aparecerá un emoticón de ledicia (). Os acertos e erros incidirán directamente na puntuación final de cada serie de 10 preguntas. Podemos visualizar cada serie en dous modos:
Como proposta suxírese a conveniencia de visualizar e contestar nun primeiro momento as preguntas de unha en unha e ao final da serie visualizar as dez preguntas coas súas respostas en conxunto. Estes son os elementos fundamentais de cada pregunta: Cando erramos na resposta podemos ver o seguinte: E cando contestamos correctamente:
|
||
¿É Vial-Test un recurso de ensinanza-aprendizaxe? | ||
Vial-Test non é tanto un recurso de aprendizaxe como unha utilidade para avaliar coñecementos polo que precisa de explicacións previas ou complementarias mediante exposicións verbais, algún video da DGT, manuais,.... Esta avaliación pode realizarse en dous momentos ben distintos segundo a finalidade con que queramos empregar a aplicación: - Como Avaliación diagnóstica: realízase como paso previo ás explicacións do mestre para avaliar o grado de coñecemento dos nosos alumnos sobre o tema. - Como Avaliación final: despois de traballar o tema, para determinar o grado de asimilación e consecución dos obxectivos propostos.
|
||
¿Como traballamos coa aplicación en clase? | ||
Podemos traballar esta aplicación dentro da área de "Coñecemento do Medio" en Primaria (ou en Ciencias Sociais se estamos con alumnos da ESO). Tamén pode traballarse nas demáis áreas como tema transversal. Os alumnos situaranse en parellas frente a cada ordenador. Algunhas das preguntas forman parte dos seus coñecementos vitais, outros non tanto. É dificil que acerten as dez preguntas de cada pantalla no primeiro intento. Unha vez resolta cada pantalla completamente co menor número de erros posibles, daranlle á opción "Amosar tódalas preguntas" e estudiarán cales eran as opcións correctas e onde erraron nas súas respostas. Seguidamente actualizarán a páxina e voltarán a respostalas (cada vez que actualicemos a pantalla barallaranse as dez preguntas de que consta así como as respostas de cada unha delas). Non se permitirá pasar á páxina seguinte ata ter un 100% de rendemento (é dicir, no apartado de "Preguntas acertadas correctamente á primeira vez" deberá ser 10/10). Os botóns de paso de páxinas atópanse na parte superior debaixo do logo "Vial-Test". Cando contestemos as dez preguntas na parte superior aparecerá un botón que nos permite "Actualizar" a páxina se non obtivemos a puntuación máxima de "10/10 (dez preguntas acertadas correctamente á primeira vez das dez posibles)".
Sinalar que nas dez preguntas de cada pantalla haberá niveis de dificultade variable para atender tanto aos alumnos con necesidades educativas especiais, así como os que precisan actividades de ampliación.
|
||
Vial-Test en cifras | ||
A aplicación foi deseñada para ofrecer o máximo atractivo co mínimo de peso. Conta con máis de 250 imaxes e moita información pero tan só ocupa pouco máis de 6 Mb. Para elo procedeuse a un proceso de optimización de tódalas fotos que se incluiron en formatos gif ou jpeg. Conta con 200 cuestións que abarcan os distintos Bloques temáticos a traballar en Primaria e na ESO.
|
||
¿En que metodoloxía está baseada? | ||
A pesares de que nun primeiro momento poida parecer que unha aplicación tipo test con preguntas e catro alternativas de resposta obecede a unha metodoloxía esencialmente conductista, na realidade non o é tanto pois está concebido como un recurso avaliativo do grado de coñecemento dos nosos alumnos. A aplicación está dividida en vinte pantallas con dez preguntas cada unha. Nas primeiras seis pantallas preténdese realizar unha soa pantalla en cada sesión xa que tan só é un complemento a unha exposición previa sobre o tema en cuestión; e nas seguintes catorce (Sinais de Tráfico) podemos realizar varias pantallas en cada sesión.
|
||
Testeo | ||
Este programa foi aplicado
xa en clase no último trimestre do curso anterior 2004/05 por alumnos de
3º e 4º de Primaria con resultados óptimos (no CEIP no que traballo: o CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía de
Arousa). O feito de poder
comprobar o resultado de forma inmediata unido á abundancia de
fotografías fan del un recurso motivador e
de deseño atractivo para os niveis superiores de Educación Primaria. De
momento non foi testado en ningún centro de Educación Secundaria
Obrigatoria.
Comprobouse que funciona perfectamente tanto en Windows 98 como Windows XP a unha resolución de 1024X768 por ser a resolución máis empregada na actualidade nos centros educativos e para uso doméstico segundo as últimas enquisas, por ter pantallas de ordenador cada vez máis grandes. Funciona tamén sen problamas en ordenadores cunha resolución 800X600 pero aquí pode aparecer máis scroll vertical en pantallas que non o precisarían noutras resolucións. En ningún dos casos aparecerá scroll horizontal. Estes scrolls están coloreados a partires dunha rutina javascript coas cores básicas da aplicación. En canto aos navegadores: a aplicación está testada con Internet Explorer 6.0 e posteriores (o navegador propietario máis utilizado) e con Mozilla Firefox 1.0.4 (o máis empregado entre os que prefiren programas de código aberto). O único problema que apreciamos neste último navegador foi que o scroll vertical non aparece coloreado como debería segundo as ordes do javascript. Sen embargo o botón para actualizar cada pantalla unha vez que se contestaron correctamente as dez preguntas de cada pantalla en Internet Explorer aparece cun tamaño casi ilexible, mentras que en Mozilla Firefox o tamaño é o correcto.
|
||
(c) Xosé Antón Vicente Rodríguez - CEIP O Piñeiriño