¿Con cal das seguintes afirmacións estás de acordo?
- Cando circulamos en bicicleta por estrada a carrocería é o noso corpo
- A bicicleta é un vehículo con pouco risco de sufrir un accidente
- Se circulamos en bici por estrada, as precaucións débennas tomar os conductores dos coches e non nós
- A bicicleta é un medio de transporte moi seguro e as caídas revisten pouca gravedade
¿Que elementos temos que revisar especialmente antes de coller a bicicleta ?
- Os freos, luces, cadenas, pedais, rodas e asento entre outras
- Non temos que revisar nada especialmente pois a bicicleta é un medio seguro de por sí
- Os cadeados, pegatinas e demáis sinais de identidade para recoñecer logo cal é a nosa bici
- O portabultos e revisar que non teñamos raiaduras novas no vehículo
¿Que bicicleta debemos usar?
- Unha de acordo coa nosa medida
- Unha calquera
- A máis pequena posible, pois son máis estables
- A máis grande posible, pois son máis seguras
¿Cantas persoas poden subir nunha bicicleta?
- Só unha
- Dúas
- As que caiban
- Tres: unha que conduce, outra no portavultos e a terceira sentada no manillar
¿Por que lado da estrada temos que circular en bicicleta?
- Sempre pola dereita
- Sempre pola esquerda
- Depende de se imos ou voltamos
- Polo medio da estrada
¿En bicicleta temos que avisar con tempo de sobra as manobras e os cambios de sentido?
- Si. É moi importante
- Non, nunca
- Só se nós o queremos
- Só cando nolo mande un garda
¿Con cal das seguintes recomendacións estás totalmente de acordo?
- Debemos respectar os dereitos dos outros e non utilizar beirarrúas, zonas verdes, etc; para circular comodamente coa bici
- Podemos circular en bici polas beirarrúas pero non polas zonas verdes
- Podemos circular en bici polas zonas verdes das cidades, pero non polas beirarrúas
- Coa bicicleta só podemos circular na casa
¿Podemos circular en bicicleta sen máns pola estrada?
- Non, nunca
- Si
- Só se sabemos facelo sen risco de caída
- Si, sempre que non miremos cara atrás
¿Podemos facer competicións cos amigos coas bicicletas na estrada?
- Non, nunca
- Si
- Só cando os adversarios sexan da nosa idade
- Só cando esa estrada sexa pouco transitada
¿Debemos circular en bicicleta cerca dos coches?
- Non: nin cerca dos que circulan en sentido contrario nin cerca dos que están aparcados
- Si, ¿por qué non?
- Si, pero tendo coidado dos que circulan en sentido contrario
- Sí, pero tendo coidado dos que están aparcados pois poderían abrir algunha porta
(c) Xosé Antón Vicente Rodríguez - CEIP O Piñeiriño