¿Por onde debemos cruzar a estrada?
- Polos "Pasos para peóns"
- Por calquera sitio
- Polo sitio máis curto
- Só polos pasos subterráneos ou elevados
A pesares de facelo por un "Paso de peóns", antes de cruzar a estrada debemos...
- Agardar a que os vehículos se paren
- Agardar a que cheguen máis nenos
- Agardar a que paren máis de dez coches
- Pasar cos ollos pechados
Temos que respectar os semáforos. ¿Que debemos facer cando o semáforo está en vermello?
- Non podemos cruzar a estrada
- Debemos contar ata tres para poder cruzar
- Debemos cruzar correndo
- Podemos cruzar a estrada
Temos que respectar os semáforos. ¿Que podemos facer cando o semáforo está en verde?
- Podemos cruzar a estrada
- Non podemos cruzar a estrada
- Debemos cruzar a estrada correndo
- Debemos agardar a que se poña amarelo para poder cruzar
¿Que debemos facer antes de baixar da beirarrúa para cruzar?
- Mirar cara a esquerda, dereita e outra vez cara a esquerda.
- Gritar para que nos vexan
- Meter as mans nos bolsillos
- Levantar os brazos
¿Podemos cruzar en medio de coches aparcados?
- Non, porque os conductores poderían non vernos
- Si
- Só cando sexamos varios a cruzar
- Se hai un Paso de peóns, si
¿Como debemos cruzar a estrada?
- Sempre en liña recta
- Como queiramos
- En zig-zag
- Facendo curvas para despistar aos coches
Se non hai beirarrúa, ¿como debemos circular os peóns na estrada?
- Sempre pola esquerda
- Sempre pola dereita
- Depende se imos ou voltamos
- Polo medio da estrada
Se circulamos varios peóns por unha estrada sen beirarrúa, ¿Como debemos facelo?
- En Fila India
- Como queiramos
- Debemos ir saltando e cantando
- Xogando
Se temos que circular de noite como peóns nunha estrada, ¿Que precaucións deberemos tomar?
- Utilizar reflectores e roupa clara
- Facer moito ruído
- Levar roupa escura para que non nos recoñezan
- Ir polo medio da estrada