4.- As paisaxes de España
Unha paisaxe está condicionada polo relevo, o clima, a auga, o tipo de solo e os seres vivos que a habitan. En España podemos atopar moitos e diferentes tipos de paisaxes que podemos organizar en catro grandes grupos:
➀ Paisaxe canaria: debido ao clima subtropical e a orixe volcánica das Illas Canarias existen vexetacións diferentes en cada illa e autóctonas como o piñeiro canario e o drago, hai terreos áridos e tamén húmidos.
➁ Paisaxe mediterránea: propio do centro da península e da costa mediterránea, con chuvias escasas abundan as árbores de folla perenne como o piñeiro ou a sobreira e plantas que precisan de pouca auga como o esparto.
➂ Paisaxe de montaña: aparece nas zonas altas, segundo subimos en altitude podemos pasar de bosques de folla caduca a bosques de folla perenne para, na súa cima, atoparnos con matogueiras e prados.➃ Paisaxe atlántica: ao haber temperaturas suaves e humidade, abundan as árbores de folla caduca, como o carballo ou o castiñeiro, e os prados.