Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).

Cómpre ter en conta que:

  • A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200 %.
  • O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é : 
    • 10 % UD10 As Revolucións burguesas. A Revolución Industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases.
    • 10 % UD11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
  • Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.2 - Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes. Expresa, despois da súa propia pescuda, cal é o significado de termos históricos como revolución, burguesía, capitalismo, democracia, constitución, absolutismo etc. TI 10 10
CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía. Realiza con certo nivel de desenvolvemento unha liña de tempo na que se representen os procesos revolucionarios da época: revolución americana, francesa, etapa de Napoleón, Revolución Industrial,... TI 10 20
CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósters, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. Realiza con certa soltura unha presentación en pósters, ppt... cunha exposición sobre un personaxe (home ou muller) da época e sobre o papel das mulleres nos procesos revolucionarios. TI 10 10
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. Explica dun xeito suficiente o concepto de revolución burguesa citando algúns obxectivos políticos revolucionarios en contraposición co Antigo Réxime. PE 10 20
CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados. Fai unha enumeración dos motivos que conduciron ás revoltas facendo un exercicio escrito suficientemente comprensible. PE 10 10
CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. Responde de xeito sucinto ás preguntas sobre o proceso de independencia das colonias americanas e da Revolución francesa identificando a ideoloxía liberal e nacionalista como ideas que teñen pervivencia no presente. PE 10 20
CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sostible, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sostibilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sostible. Contesta cunha certa claridade a cuestións sobre a organización do estado, institucións e poderes do estado, democracia e constitución, expresando e recoñecendo o valor destas institucións. PE 10 10
CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexos, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación. Realiza con certa soltura unha pescuda de información sobre que é unha dinastía averiguando que reis españoles houbo antes do século XVIII. TI 11 20
CA1.6 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. Fai un resumo tras a lectura, visualización e proxección dunha breve recensión histórica de España antes do XVIII, de xeito suficiente e comprensible e recoñecendo trazos identitarios. TI 11 10
CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía. Elabora con certa autonomía escalas cronolóxicas dos feitos acaecidos no século XVIII en España e no resto do territorio europeo extraendo as súas propias conclusións. PE 11 10
CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. Realiza case sen axuda da persoa docente tarefas propostas sobre a España e Galicia do século XVIII como cuestionarios, test, relación de termos... TI 11 10
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. Identifica algunhas características básicas da Ilustración española e galega explicando algunhas reformas político-administrativas do século XVIII e, de forma xeral, a Guerra de Independencia. PE 11 20
CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. Explica dun xeito comprensible as reformas económicas acometidas polos Borbóns extrapolando a súa influenza na actualidade no senso de establecer relacións entre o estado uniformista e o estado descentralizado. PE 11 20
CA3.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados. Identifica, cun certo grao de comprensión, os trazos que conformaron a España e a Galicia contemporáneas enumerando algunhas características da diversidade social e cultural que conforman o país. PE 11 10
Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
  1. Sección 2: Antecedentes: Recorda o que pasaba no mundo. Opción C e actividade grupal.
  2. Sección 3.1: O fin dunha era. Uns parentes de Francia. Actividade de lectura.
  3. Sección 4: Reto.
  1. Actividades de resposta aberta.
  2. Solucionario.
  3. Rúbrica do reto.
CA1.2 - Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
  1. Sección 2: Antecedentes: Recorda o que pasaba no mundo. Opción C e actividade grupal.
  2. Sección 3.1: O fin dunha era. Uns parentes de Francia. Compara dinastías.
  3. Sección 4: Reto.
  1. Retroalimentación e actividades de resposta aberta.
  2. Solucionario.
  3. Rúbrica do reto.
CA1.6 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
  1. Sección 3: Reportaxe. Unha revolución tras outra. Que está a pasar aí fóra.
  2. Sección 4: Reto.
  1. Retroalimentación.
  2. Rúbrica do reto.
CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía.
  1. Sección 2: Antecedentes: Recorda o que pasaba no mundo. Opcións A e B.
  2. Sección 3.1: O fin dunha Era. Que familia a de Carlos IV! Ordena a liña do tempo: do 1808 ao 1814.
  3. Sección 3.3: Suplemento. Xogos e pasatempos: sopa de letras revolucionaria.
  4. Sección 3.4: Unha volta ás revoltas.
  5. Sección 4: Reto.
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
  3. Retroalimentación.
  4. Retroalimentación.
  5. Rúbrica do reto.
CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
  1. Sección 2: Antecedentes: Recorda o que pasaba no mundo.
  2. Sección 3.1: O fin dunha Era. Unha reforma profunda! Real ou non?
  3. Sección 3.1: O fin dunha Era. A crise do sistema: o reinado de Carlos IV. Completa os problemas do reinado de Carlos IV.
  4. Sección 4: Reto.
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
  3. Retroalimentación.
  4. Rúbrica do reto.
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
  1. Sección 3.1: O fin dunha Era. Unha reforma profunda! A Lei Sálica.
  2. Sección 3.2: Súbditos ou cidadáns? Independence Day: que sabemos da Guerra de Independencia dos Estados Unidos?
  3. Sección 3.3: Suplemento. Opinión: a primeira traxedia ferroviario da historia.
  1. Retroalimentación.
  2. Retroalimentación.
  3. Solucionario.
CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
  1. Sección 3.1: O fin dunha Era. Actividade de lectura. Decretos de Nova Planta.
  1. Retroalimentación.
CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
  1. Sección 3.3: Internacional. Cultura: un flegmático inglés quere dar a volta ao mundo!
  1. Solucionario.
CA3.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
  1. Sección 3.2: Súbditos ou cidadáns? Como cambiou o mundo despois destas Revolucións? Bravo polos Dereitos do Home, pero... e os das muller?
  1. Retroalimentación.
CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sostible, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sostibilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sostible.
  1. Sección 3.3: Sociedade. O mundo capitalista. Últimas noticias: actualidade laboral!
  1. Retroalimentación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)