Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).

Cómpre ter en conta que:

  • A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200 %.
  • O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é : 
    • 10 % UD9 O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.
    • 5 % UD12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya.
  • Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación. Ordena en certa medida as etapas históricas entendendo como se escribe a historia e sendo capaz de indicar algunha fonte para facer historia. TI 9 10
CA2.1 - Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares. Responde cun nivel de suficiencia adecuado ás cuestións presentadas no exame sobre o Antigo Réxime e as súas características políticas, económicas e sociais. PE 9 20
CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía. Realiza con certo nivel de coñecemento un exame escrito sobre o concepto de Ilustración e sinala algunha das súas críticas ao Antigo Réxime e os seus medios de difusión. PE 9 20
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. Realiza no exercicio escrito cun nivel suficiente un comentario histórico guiado sobre os cambios políticos e económicos derivados da Ilustración. PE 9 20
CA2.6 - Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos. Redacta e expón o legado das correntes ilustradas na actualidade indicando algunha institución do Estado e as características das democracias e demostrando o valor do sistema constitucional e democrático. TI 9 20
CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. Expresa con certa claridade as permanencias da Ilustración na actualidade plasmando nun resumo ou informe o valor do presente en función dos cambios producidos no século XVIII. TI 9 10
CA1.3 - Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes. Expresa con certa seguridade, despois de identificalos, os diferentes estilos artísticos da época (comparando dúas imaxes, recoñece e numera algún elemento artístico que os diferenza). PE 12 20
CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. Realiza con certa soltura un traballo sobre os movementos artísticos: Rococó, Neoclasicismo e Romanticismo incorporando os nomes de mulleres artistas e xulgando o por que da súa relegación. TI 12 20
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. Clasifica con certa seguridade as características do rococó, do Neoclasicismo e do Romanticismo enumerando algún exemplo existente en España e en Galicia e relacionándoo cos feitos históricos. PE 12 20
CA2.8 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. Recoñece, a grandes trazos, a vida e obra de Goya amosando certo coñecemento das súas obras e do significado da Carga dos Mamelucos e os Fusilamentos do 3 de maio e relacionándoos coa Invasión Napoleónica. PE 12 20
CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dossieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados. Realiza, con certo grao de seguridade, unha síntese sobre o valor da arte e a súa relación co contexto empregando algunha cita que recolla a influencia de Goya en pintores posteriores. TI 12 20
Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación. 1. Sección 4: Os novos tempos

1. Rúbrica do reto

CA1.3 - Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes. 1. Actividade: Cada idea coa súa arte (Sección 3.3.: Unha arte, unha época)

2. Actividade: Pescudando na obra de Goya (Sección 3.3.: Unha arte, unha época)

3. Actividade: Cada obra no seu estilo (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

4. Actividade: Xogo de rol, un debate entre estilos (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

5. Actividade: Arte_llando (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

6. Actividade: Coñécesme? (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

1. Retroalimentación

2. Criterio do profesorado

3. Retroalimentación

4. Criterio do profesorado

5. Retroalimentación

6. Retroalimentación

CA2.1 - Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares. 1. Actividade: Completando, completando (Sección 2.2. :Un pobo sometido: a sociedade estamental)

2. Actividade: Descubre a verdade! (Sección 2.2.: Un pobo sometido: a sociedade estamental)

3. Actividade: Resolvendo o Antigo Réxime (Sección 2.2.: Un pobo sometido: a sociedade estamental)

4. Actividade grupal: Retratando ás monarquías aboslutas (Sección 2.2.: Un pobo sometido: a sociedade estamental)

5. Sección 4: Os novos tempos

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Retroalimentación

4. Criterio do profesorado

5. Rúbrica do reto

CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía. 1. Actividade: Fuga das palabras ilustradas (Sección 3.1.: A Ilustración: a luz do coñecemento)

2. Actividade: Cada idea ao seu pensador (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

3. Actividade: Verdade ou mentira (Sección 3.1.: A Ilustración: a luz do coñecemento)

4. Actividade: Mandar ou mellorar? O dilema do despotismo ilustrado (Sección 3.2.:Todo para o pobo, mais con luces: o despotismo ilustrado)

5. Actividade: Comparación: absolutismo vs despotismo ilustrado (Sección 3.2.:Todo para o pobo, mais con luces: o despotismo ilustrado)

6. Actividade: Palabras á deriva nun mar de letras (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

7. Actividade: Mapa das reformas (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

8. Actividade: Palabras, palabriñas... Onde estades? (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

9. Sección 4: Os novos tempos

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Retroalimentación

4. Solucionario

5. Solucionario

6. Retroalimentación

7. Solucionario

8. Retroalimentación

9. Rúbrica do reto

CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. 1. Actividade: Cada idea coa súa arte (Sección 3.3.: Unha arte, unha época)

2. Actividade: Pescudando na obra de Goya (Sección 3.3.: Unha arte, unha época)

3. Actividade: Cada obra no seu estilo (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

4. Actividade: Xogo de rol, un debate entre estilos (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

5. Actividade: Arte_llando (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

6. Actividade: Coñécesme? (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

7. Sección 4: Os novos tempos

1. Retroalimentación

2. Criterio do profesorado

3. Retroalimentación

4. Criterio do profesorado

5. Retroalimentación

6. Retroalimentación

7. Rúbrica do reto

CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. 1. Actividade: Cada idea coa súa arte (Sección 3.3.: Unha arte, unha época)

2. Actividade: Pescudando na obra de Goya (Sección 3.3.: Unha arte, unha época)

3. Actividade: Cada obra no seu estilo (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

4. Actividade: Xogo de rol, un debate entre estilos (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

5. Actividade: Arte_llando (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

6. Actividade: Coñécesme? (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

7. Sección 4: Os novos tempos

1. Retroalimentación

2. Criterio do profesorado

3. Retroalimentación

4. Criterio do profesorado

5. Retroalimentación

6. Retroalimentación

7. Rúbrica do reto

CA2.6 - Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos. 1. Sección 4: Os novos tempos

1. Rúbrica do reto

CA2.8 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. 1. Actividade: Arte_llando (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

2. Actividade: Coñécesme? (Sección 3.4.: Á luz do aprendido)

3. Sección 4: Os novos tempos

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Rúbrica do reto

CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados. 1. Sección 4: Os novos tempos

1. Rúbrica do reto

CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. 1. Sección 4: Os novos tempos

1. Rúbrica do reto

Feito con eXeLearning (Nova xanela)