Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os recursos materiais necesarios para que o alumnado desenvolva con éxito o reto final son:

  • caderno de aprendizaxe, en formato físico ou dixital.
  • Dispositivos móbiles, tabletas ou ordenadores con conexión a Internet e con aplicacións de ofimática para buscar a información e levar a cabo as actividades propostas no REA.
  • Pantalla para que o alumnado poida proxectar vídeos ou presentacións.
  • Material de papelería: folios, rotuladores, lapis, tesoiras, cartolinas...).

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Para as actividades grupais o alumnado dividirase en grupos, tendo cada un unha responsabilidade na consecución das mesmas. Recoméndase:

  • Un reparto equilibrado, tanto en número como nas diferentes capacidades e perfís do alumnado, de maneira que se eviten descompensacións á hora de realizar as actividades e na carga de traballo dentro do grupo.
  • Que o profesorado se encargue de distribuír o alumnado nos grupos dun xeito equilibrado. 
  • Que a posta en común dos resultados das actividades se fagan:
    • Nun primeiro momento, en pequenos grupos.
    • Finalmente, no grupo-clase.

Produtos finais

Proponse a realización dunha serie de produtos finais a modo de materiais didácticos sobre economía, sociedade e cultura de Galicia e España para persoas migrantes.

Os produtos finais para  acadar o reto deste REA consistirán na elaboración:

  • Dunha infografía informativa (síntese)
  • Dunha charla informativa (que se podería rexistrar coma pódcast ou vídeo) para interpretar relacións entre economía, sociedade e migracións. A charla debe estar apoiada por unha presentación dixital.
  • De materiais para unha campaña de sensibilización social para difundir na contorna.

Enfoque multinivel do reto

As actividades do REA, tanto individuais como grupais, recollen diferentes niveis de dificultade e están deseñadas para adaptarse á diversidade do alumnado. Correspóndelle ao persoal docente seleccionar aquelas propostas que mellor se axusten ás necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe de cada estudante, garantindo que todas as persoas poidan participar con éxito e avanzar na súa aprendizaxe.

Do mesmo xeito, para acadar o reto final, propóñense tres produtos posibles. Correspóndelle ao persoal docente orientar o alumnado na elección da opción que mellor se axuste ás súas necesidades e potencialidades, garantindo que todas as persoas poidan participar e demostrar o que saben.

Durante a realización das actividades e dos produtos finais o persoal docente actuará como guía do alumnado para aclarar as dúbidas que poidan ir xurdindo no alumnado ou repartir tarefas dentro dos grupos de traballo. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)