Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións (as das unidades 6 e 8) e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS  para a materia de "Xeografía e Historia" de 3º de ESO, englóbase no  segundo trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
Fase 1. Abrindo a mente ao mundo 1.1. Analizando a sociedade
1.2. Coñecemento e inclusión
Actividades de motivación e presentación do reto final 2 sesións
Fase 2. Un punto de partida 2.1. A economía: facendo contas
2.2. A poboación: somos mogollón!
2.3. A sociedade: viva a diversidade!
Repaso de coñecementos previos sobre o tema 1 sesión
Fase 3. Construíndo unha identidade común 3.1. Oda á alegría: o mercado na Unión Europea
3.2. Denominación de orixe: o papel de España e Galicia na economía europea
3.3. Facémonos maiores!: os retos demográficos de España e Galicia
3.4. Canta máis variedade, mellor!: cambios sociais e diversidade
3.5. Repaso multinivel.
Sesións dedicadas á ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar o alumnado para a resolución do reto proposto na situación de aprendizaxe. 10 sesións
Fase 4. Todas as persoas suman Sesións dedicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha expresión de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. 4 sesións
Fase 5. Construíndo un mundo máis xusto e diverso. Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)