Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).
Cómpre ter en conta que:
- A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200 %.
- O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é :
- 10 % UD6 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia.
- 10 % UD8 A poboación e o poboamento en España e en Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero.
- Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de PROENS, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico. | Realiza un exame escrito no que identifica bastantes características da paisaxe de Galicia, España e Europa e indica algúns condicionamentos para a actividade económica. | PE | 6 | 20 |
| CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. | Realiza con certa soltura unha proposta de traballo na que expón as características da zona onde vive e as actividades económicas da súa contorna e como condiciona o medio á economía. | TI | 6 | 10 |
| CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sostible das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta. | Realiza con certa soltura un informe sobre como poder aproveitar o medio de Galicia, España e a Unión Europea que sexa respectuoso co desenvolvemento sostible. | TI | 6 | 10 |
| CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe identificar os sectores produtivos de Galicia, España e a Unión Europea e as potencialidades agrícolas de España e Galicia en relación á Unión Europea. | PE | 6 | 20 |
| CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sostible, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes. | Realiza con certa soltura gráficas e mapas nos que se plasmen as zonas por sectores de produtividade e tamén fai, entende e explica suficientemente os datos dunha gráfica temática. | TI | 6 | 10 |
| CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. | Realiza con corrección o exercicio escrito sobre a evolución dos sectores produtivos e os retos de futuro e como estes van ligados ao cambio no medio natural. | PE | 6 | 20 |
| CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sostibles e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo identificando, por exemplo, o abandono de certos sectores económicos e a tendencia á terciarización e as repercusións no mundo laboral. | TI | 6 | 10 |
| CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes. | Enumera algunhas das características da poboación mundial e de España e Galicia propoñendo certas solucións aos ditos problemas. | PE | 8 | 20 |
| CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados. | Realiza unha entrevista simulada sobre a discriminación social das minorías e das mulleres e achegando tamén algunhas solucións para evitalas. | PE | 8 | 20 |
| CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender os descritores da poboación e as características poboacionais de España e, en concreto, de Galicia. | PE | 8 | 20 |
| CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos. | Traballa en equipo e achega ideas con certa claridade para elaborar un traballo sobre a violencia de xénero e os problemas das minorías e tamén elabora entrevistas simuladas a colectivos de mulleres. | TI | 8 | 20 |
| CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade. | Elabora con certa claridade un informe, tras a recollida de datos na súa contorna, sobre a procedencia da poboación expresando iniciativas para a súa integración. | TI | 8 | 20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||