Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 3.º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 2 publicada na plataforma en maio de 2025, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de REA de cREAgal agrupa dúas unidades didácticas en cada recurso. A planificación completa contempla un total de seis REA. 

Relación dos REA coa programación modelo de PROENS

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Salvemos Aldea Vella" UD 1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia.

UD 3 O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro.
CA 1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.3, CA 2.5, CA 3.6, CA 3.7 10 % 1.º trimestre
REA 2: "Amadou, da guerra á escola" UD 2 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade.

UD 4 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional.
CA 1.1, CA 1.3, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.4, CA 3.6, CA 3.7, CA 3.8 15 % 1.º trimestre
REA 3: "Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo" UD 5 Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible.

UD 7 Os sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
CA 1.4, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.5, CA 3.1, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.7, CA 3.8 20 % 2.º trimestre
REA 4: "Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso" UD 6 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia.

UD 8 A poboación e o poboamento en España e en Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero.
CA 1.2, CA 1.4, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.3, CA 2.5, CA 2.7, CA 2.8, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.6, CA 3.7 20 % 2.º trimestre
REA 5: "Pensar, gobernar e crear: A Ilustración e o século das luces" UD 9 O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.

UD 12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya.
CA 1.1, CA 1.3, CA 2.1, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.3 15 % 3.º trimestre
REA 6: "Revolución! Noticias dun novo mundo" UD 10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases.

UD 11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
CA 1.1, CA 1.2, CA 1.6, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 3.1, CA 3.3, CA 3.5 20 % 3.º trimestre

Eixes da proposta didáctica

  • As actividades económicas e os sectores de produción, analizando as características do sector primario, secundario e terciario e a súa evolución.
  • A organización das actividades económicas no espazo xeográfico, relacionando economía e territorio a diferentes escalas (local, rexional e global).
  • A interacción entre o medio físico e a actividade humana, valorando como os recursos naturais condicionan os usos económicos do territorio.
  • Os procesos de produción, transformación e distribución, comprendendo o funcionamento básico da economía e a circulación de bens e servizos.
  • O traballo e o emprego, analizando o papel dos sectores produtivos na xeración de riqueza e de oportunidades laborais.
  • O uso e análise de fontes xeográficas, como mapas, gráficos, imaxes e textos, para interpretar a realidade económica.
  • O desenvolvemento do pensamento crítico, fomentando unha actitude reflexiva sobre o impacto das actividades económicas no territorio e na sociedade.

O traballo desenvolvido tamén contribuirá a acadar determinados obxectivos dos ODS, a saber:

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 8. Traballo decente e crecemento económico
  • ODS 9. Industria, innovación e infraestruturas
  • ODS 12. Produción e consumo responsables
  • ODS 11. Cidades e comunidades sostibles (de maneira transversal)

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular no que se desenvolve esta situación de aprendizaxe é o das unidades didácticas UD 5 "Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible" e UD 7 "Os Sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado", propostas na programación modelo Proens da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na comunidade autónoma de Galicia.

Este REA contextualízase no segundo trimestre do curso, constituíndo o terceiro REA desta proposta cREAgal.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.4 - Cultura mediática. Técnicas e métodos das ciencias sociais: análise de textos, interpretación e elaboración de mapas, esquemas e sínteses, representación de gráficos e interpretación de imaxes a través de medios dixitais accesibles. Tecnoloxías da información xeográfica.
  • C1.7 - Estruturas económicas no mundo actual: unha economía globalizada. Os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia, a súa transformación e evolución. A Unión Europea como exemplo do funcionamento dos mercados. A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • C1.8 - Dilemas e incertezas ante o crecemento, a empregabilidade e a sostibilidade.

Bloque 1

Retos do mundo actual

  • C2.1 - Métodos de investigación no ámbito da xeografía e da historia. Metodoloxías do pensamento histórico e do pensamento xeográfico.
  • C2.6 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos.

Bloque 2

Sociedades e territorios

  • C3.2 - Implicación na defensa e protección do medio natural. Acción e posición ante a emerxencia climática.
  • C3.4 - Emprego e traballo na sociedade da información, aprendizaxe permanente e ao longo de toda a vida.
  • C3.5 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita polos dereitos laborais e sociais: o Estado do benestar.

Bloque 3

Compromiso cívico e global

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX 3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sostible. 
OBX 4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sostible. 
OBX 7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 
OBX 8 Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sostibles, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e coa contorna. 
OBX 9 Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, das súas institucións e doutras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sostible, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sostible e xusto. 

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)