Temporalización do REA
Temporalización prevista en base á programación de Proens. 18 sesións: nove correspondentes á unidade cinco e outras nove á sete.
Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. A actividade económica: pistas, lembranzas e descubrimentos |
Sesión de motivación e presentación da tarefa |
1 sesión |
|
|
2. Rastrexando saberes: a porta de entrada á actividade económica |
2.1. A forza que move o mundo |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos. |
3 sesións |
|
3. O motor que sostén a sociedade: avanzamos no saber |
3.1. Producir, transformar e avanzar |
Sesións prácticas e interactivas centradas nos distintos sectores de produción e na distribución das actividades económicas no territorio. O obxectivo é que o alumnado descubra como se organizan e relacionan estas actividades no espazo xeográfico, fomentando o interese e a curiosidade desde a perspectiva de “aprender pensando”. Nesta dinámica, o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe. |
10 sesións |
|
4. Estudando xeografía comprendemos o mundo |
Sesións dirixidas á investigación e análise de expedientes a partir de fichas informativas, promovendo a busca de información, o traballo en grupo e as competencias comunicativas. |
2 sesións |
|
|
5. Mirada atrás, pasos adiante! |
Sesión dedicada á exposición pública dos produtos finais por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobra o aprendido. |
1 sesión |