Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).
Cómpre ter en conta que:
- A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200 %.
- O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é :
- 10 % UD5 Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible.
- 10 % UD7 Os Sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
- Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.4 - Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características económicas de España e Galicia. | PE | 5 | 30 |
| CA2.5 - Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sostible das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo sobre a necesidade dun aproveitamento do medio respectuoso recoñecendo que obxectivos do desenvolvemento sostible hai que cumprir. | TI | 5 | 10 |
| CA3.2 - Realizar propostas que contribúan ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sostible, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes. | Realiza con certa soltura a lectura de gráficas, mapas e imaxes sobre as actividades económicas e a súa incidencia no medio e determina cal dos obxectivos de desenvolvemento sostible se deben cumprir ao respecto. | TI | 5 | 20 |
| CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender como evolucionou a actividade económica, os axentes económicos e os retos do futuro. | PE | 5 | 30 |
| CA3.7 - Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sostibles e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo como se distribúe a riqueza económica e o traballo e achega algunha solución ao desigual reparto. | TI | 5 | 10 |
| CA1.4 - Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe e comprende cales son sectores económicos e cal é o da súa contorna. | PE | 7 | 20 |
| CA1.6 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe cal é o reparto dos diferentes sistemas económicos no mundo indicando trazos e características e o reparto do traballo. | PE | 7 | 20 |
| CA2.1 - Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares. | Elabora un informe ou resumo sobre os sistemas económicos e a súa evolución e permanencia no tempo sendo quen de establecer certas relacións co mundo globalizado co dominio dunha economía liberal. | TI | 7 | 10 |
| CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou expedientes informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender a evolución dos sistemas económicos e interpretándoos medianamente algunha fonte de información. | PE | 7 | 20 |
| CA3.7 - Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sostibles e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo aceptablemente o reparto desigual do traballo e relacionándoo cos movementos poboacionais. | TI | 7 | 10 |
| CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sostible, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sostibilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sostible. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo sobre a función do Estado nas crises económicas e a tendencia dos sistemas económicos pola globalización. | TI | 7 | 20 |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores | ||||