Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).
Cómpre ter en conta que:
- A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200 %.
- O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é:
- 5 % UD2 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade.
- 10 % UD4 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional.
- Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas segundo o modelo PROENS, a cualificación final obtense mediante unha media ponderada. Os CA avaliados mediante táboa de indicadores mediante as rúbricas ou instrumentos incluídos no REA xa teñen en conta as ponderacións. As probas escritas non se inclúen no REA polo que é preciso ter en conta as ponderacións de cada CA e UD.
Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación. | Realiza con certa soltura un traballo sobre o que é a globalización, as súas causas e os seus aspectos negativos e positivos. | TI | 2 | 10 |
| CA1.3 Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes. | Interpreta, despois de identificalos con certa seguridade, mapas e gráficos sobre o desenvolvemento sostible, a mobilidade da poboación e a distribución do traballo. | PE | 2 | 20 |
| CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados. | Expón con certa claridade un traballo sobre a mobilidade da poboación e a multiculturalidade e o respecto ás minorías. | TI | 2 | 20 |
| CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares. | Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é a globalización, as súas causas, as súas consecuencias e os aspectos negativos e positivos e o que é o desenvolvemento sostible. | PE | 2 | 10 |
| CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. | Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é a globalización, as súas causas, as súas consecuencias e os aspectos negativos e positivos e o que é o desenvolvemento sostible. | PE | 2 | 10 |
| CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados. | Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é a globalización, as súas causas, as súas consecuencias e os aspectos negativos e positivos e o que é o desenvolvemento sostible. | PE | 2 | 20 |
| CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sostibles e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre. | Realiza con certa soltura un traballo escrito identificando e describindo a incidencia da globalización na economía mundial e a distribución do traballo e o mundo da tecnoloxía. | TI | 2 | 10 |
| CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo aceptablemente o concepto estado, os tipos de estado, os réximes e a organización territorial daquel. | TI | 4 | 20 |
| CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender que tipos de réximes existen, as diferenzas entre monarquía e república e como se organiza o Estado español. | PE | 4 | 20 |
| CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos. | Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características fundamentais dun sistema democrático en antítese a un ditatorial. | PE | 4 | 20 |
| CA3.4 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo na que plasma a importancia do sentido cívico, o respecto polas diferenzas e opinións do resto de persoas e sobre o recoñecemento da muller. | TI | 4 | 10 |
| CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade. | Realiza con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo os problemas de convivencia que hai na súa contorna e as solucións que proporía para a súa solución. | TI | 4 | 10 |
| CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sostible, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sostibilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sostible. | Realiza un exercicio escrito no que indica certas institucións do Estado e de asociacións que promoven un mundo máis seguro e unha mellor convivencia. | PE | 4 | 20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||