Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 3.º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 2 publicada na plataforma en maio de 2025, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de REA de cREAgal agrupa dúas unidades didácticas en cada recurso. A planificación completa contempla un total de seis REA. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Salvemos Aldea Vella" UD 1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia.

UD 3 O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro.
CA 1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.3, CA 2.5, CA 3.6, CA 3.7 10 % 1.º trimestre
REA 2: "Amadou, da guerra á escola" UD 2 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade.

UD 4 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional.
CA 1.1, CA 1.3, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.4, CA 3.6, CA 3.7, CA 3.8 15 % 1.º trimestre
REA 3: "Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo" UD 5 Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible.

UD 7 Os sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
CA 1.4, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.5, CA 3.1, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.7, CA 3.8 20 % 2.º trimestre
REA 4: "Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso" UD 6 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia.

UD 8 A poboación e o poboamento en España e en Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero.
CA 1.2, CA 1.4, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.3, CA 2.5, CA 2.7, CA 2.8, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.6, CA 3.7 20 % 2.º trimestre
REA 5: "Pensar, gobernar e crear: A Ilustración e o século das luces" UD 9 O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.

UD 12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya.
CA 1.1, CA 1.3, CA 2.1, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.3 15 % 3.º trimestre
REA 6: "Revolución! Noticias dun novo mundo" UD 10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases.

UD 11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
CA 1.1, CA 1.2, CA 1.6, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 3.1, CA 3.3, CA 3.5 20 % 3.º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica artéllase a través dos seguintes eixes:

  • Traballo colaborativo e individual para acadar unha reflexión e coñecemento profundo sobre os contidos.
  • Partir do local para o coñecemento global e a identificación do alumnado cos contidos estudados.
  • Concienciar sobre o papel do mundo rural ao longo da Historia e a necesidade dunha sociedade xusta e igualitaria.
  • Impulsar o coñecemento e conciencia sobre a necesidade dun mundo sustentable a través do traballo cos ODS da Axenda 2030.
  • Traballar, de xeito transversal, a sostibilidade e os ODS da Axenda 2030, en concreto o número 11 (Cidades e Comunidades Sostibles), o número 12 (Produción e consumo responsable), o número 13 (Acción polo clima) e o número 15 (Vida de Ecosistemas Terrestres).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular no que se desenvolve esta situación de aprendizaxe é o das unidades didácticas UD 1 "Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia" e UD 3 "O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro", propostas na programación modelo Proens da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na comunidade autónoma de Galicia.
Este REA contextualízase no segundo trimestre do curso, constituíndo o cuarto REA desta proposta cREAgal.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Obxectivos de desenvolvemento sustentable. Emerxencia climática e sostibilidade. Relación entre factores naturais e antrópicos. Modificacións, efectos e ameazas na Terra e a contorna próxima de España e Galicia. Os avances tecnolóxicos e a conciencia ecosocial.
  • C1.4 - Cultura mediática. Técnicas e métodos das ciencias sociais: análise de textos, interpretación e elaboración de mapas, esquemas e sínteses, representación de gráficos e interpretación de imaxes a través de medios dixitais accesibles. Tecnoloxías da información xeográfica.
  • C1.5 - O global e o local. A investigación en ciencias sociais. O estudo multicausal e a análise comparada do espazo natural, rural e urbano. A súa evolución en España e Galicia e os retos de futuro.
  • C1.6 - Análise e interpretación de conceptos espaciais: localización, escala, conexión e proximidade espacial.

Bloque 1

Retos do mundo actual

  • C2.1 - Métodos de investigación no ámbito da xeografía e da historia. Metodoloxías do pensamento histórico e do pensamento xeográfico.
  • C2.7 - Os ciclos e réximes demográficos. O reto demográfico en España e Galicia: Envellecemento e políticas demográficas. Cambios dos modos de vida e dos modelos de organización social.

Bloque 2

Sociedades e territorios

  • C3.2 - Implicación na defensa e protección do ambiente. Acción e posición ante a emerxencia climática.
  • C3.5 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita polos dereitos laborais e sociais: o Estado do benestar.

Bloque 3

Compromiso cívico e global

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común. 
OBX 3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable. 
OBX 4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable. 
OBX6  Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural en que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e da inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade. 
OBX8  Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e coa contorna. 

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, C4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)