Metodoloxía
Este REA está enmarcado no proxecto cREAgal, pensado para crear e ofrecerlle aos docentes recursos educativos abertos (REA).
Como cremos que os alumnos e alumnas aprenden mellor cando teñen un papel protagonista no proceso de aprendizaxe, este REA está confeccionado seguindo unha metodoloxía activa e participativa, baseada nos seguintes aspectos:
Primarase a flexibilidade e para tal finalidade proporanse actividades multinivel, cun enfoque metodolóxico personalizado. Os estudantes serán parte activa no proceso de ensinanza-aprendizaxe e converteranse no auténtico centro do mesmo
Fomentarase, polo tanto, a autonomía dos estudantes e a súa capacidade de auto-aprendizaxe (aprender a aprender)
A aprendizaxe será:
- Significativa, pois a estrutura dos coñecementos previos condiciona os novos, primordialmente práctica e estará baseada na resolución de problemas (retos)
- Funcional, con aplicación a situacións reais e conectadas coa contorna do alumnado. Os contidos traballaranse dun xeito operativo, práctico e comprensible, contextualizados na situación de aprendizaxe proposta.
- Favorecerase a adquisición de coñecementos relacionados entre si, abordados cun enfoque multicausal e favorecendo as estratexias interdisciplinares.
- Traballarase tanto de maneira individual como colectiva, promovendo a reflexión persoal por un lado e as dinámicas grupais de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo polo outro.
- Terase en conta en todo momento unha perspectiva coeducativa, na que as nenas estean nun plano de igualdade cos nenos, especialmente nas dinámicas de participación grupal.
- Fomentarase o emprego das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Empregaranse estratexias para traballar transversalmente os aspectos máis variados, dende a comprensión lectora ata a competencia dixital.
- Todo o proceso contará cunha retroalimentación e avaliación permanente.
- Respectaranse os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado (DUA).