Temporalización do REA
Este REA está pensado para realizarse en 17 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Xeografía e Historia" de 3º de ESO, englóbase no primeiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. As pegadas do lume e o despoboamento | As pegadas do lume e o despoboamento. | Presentación do REA e do reto. | 1 sesión |
| 2. A memoria da aldea... e a túa |
2.1.- A Terra está en perigo: emerxencia climática. Un modelo de consumo destrutor da biodiversidade. O quecemento global: un gran desafío para a humanidade. 2.2.- Ferramentas para estudar o noso planeta. O medio natural. 2.3.- A poboación cambia. |
Repaso de coñecementos previos. | 2 sesións |
| 3. Entender para actuar |
3.1.- Planificando un futuro mellor: A Axenda 2030. 3.2.- Dende o global cara ao local. 3.3.- O espazo rural: a Galicia despoboada. 3.4.- A evolución histórica das cidades. 3.5.- Unha paradiña antes de actuar. |
Adquisición de novos coñecementos e preparación para o reto. |
8 sesións |
| 4. O reto: Salvemos aldea vella! | Un bando municipal para salvar Aldea Vella. | Posta en práctica dos coñecementos adquiridos no REA para a resolución do reto proposto. | 5 sesións |
| 5. Conclusión e autoavaliación | De Aldea Vella ao mundo | Avaliación dos resultados. | 1 sesión |