Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).

Cómpre ter en conta que:

  • A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200%.
  • O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é : 
    • 5% UD1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia.
    • 5% UD3 O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro. 
  • Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes. Realiza con certa soltura un traballo mural sobre o medio ambiente, identificando e describindo de forma aceptable as principais características e as causas e consecuencias do seu deterioro. TI 1 20
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico. Identifica varias características da contorna natural e o aproveitamento que fai o ser humano do medio. PE 1 30
CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta. Recoñece exemplos de actuación a prol da conservación do medio natural, rural e urbano, e iniciativas favorecedoras dun desenvolvemento igualitario e sustentable. PE 1 30
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade. Realiza traballos ou informes a diferentes escalas con propostas para contribuír a mellorar o medio ambiente. TI 1 20
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes. Realiza con certa soltura a proposta dun traballo, identificando e describindo aceptablemente as principais características do espazo natural, rural e urbano da súa contorna. TI 3 20
CA1.3 Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes. Realiza un exercicio escrito no que ten que explicar algún dos dezasete obxectivos de desenvolvemento sostible empregando imaxes, mapas, gráficas... facendo propostas de solución cara problemas e retos do futuro. PE 3 30
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico. Realiza un exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando o seu coñecemento sobre os tipos de poboamento que hai en España e Galicia e como evolucionaron, así como cales son os problemas que presentan. PE 3 30
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. Expón con certa soltura, despois da súa elaboración, un traballo sobre os problemas do despoboamento rural e o crecemento das cidades e a súa relación co medio ambiente. TI 3 10
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre. Realiza con certa soltura un informe sobre o seu compromiso coa contorna e o poboamento humano indicando os retos futuros e explicando con certa claridade o influxo económico e laboral no poboamento. TI 3 10
Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación tomando como referencia a proposta de Proens.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
  1. Sección 2.1.- A terra está en perigo: emerxencia climática. Un modelo de consumo destrutor da biodiversidade. Actividade en equipo_ Profundando, en grupo, nas desigualdades do consumismo.
  2. Sección 3.5.- Unha paradiña antes de actuar
  3. Sección 4. Reto
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Rúbrica do reto
CA1.3 Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
  1. Sección 2.1.- A terra está en perigo: emerxencia climática.
    • Un modelo de consumo destrutor da biodiversidade. 
      • Opción A: Podes salvar o planeta?
      • Opción B: Vós podedes comezar o cambio!
    • O quecemento global: Un gran desafío para a humanidade
      • Opción A: Sopa de letras ecolóxica.
      • Opción B: Adiviña a correcta sen rematar o xogo.
  2. Sección 2.1. A Terra está en perigo: emerxencia climática! Un modelo de consumo destrutor da biodiversidade? Afondando en equipo nas desigualdades do consumismo
  1. Retroalimentación
  2. Solucionario da actividade
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
  1. Sección 2.2.- Ferramentas para estudar o noso planeta: O medio natural: Fuga de palabras climatolóxicas e meteorolóxicas.
  2. Sección 3.5. Unha paradiña antes de actuar. A evolución das cidades
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación e solucionario
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
  1. Sección 3.1.- Planificando un futuro mellor: Unha axenda para non esquecer.
  2. Sección 3.2.- Completa os datos que faltan.
  3. Sección 3.3.- Retos de futuro: pode sobrevivir o rural? Dame a palabra.
  4. Sección 4. Reto
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Rúbrica do reto
CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
  1. Sección 3.3.- Actividades agrarias, forestais e pesqueiras: Interxeracional. A trazabilidade. O peixe fresco.
  1. Resposta aberta
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
  1. Sección 3.4.- A evolución das cidades. Tócavos a vós: deseñade unha cidade para o futuro.
  2. Sección 4. Reto
  1. Resposta aberta
  2. Rúbrica do reto
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
  1. Sección 3.1.- Planificando un futuro mellor. Uns obxectivos moi vivos na nosa contorna? Que opinades?
  2. Sección 3.3.- Características do medio rural en Galicia. Queres ver como mudou a túa bisbarra?
  3. Sección 3.3.- O despoboamento rural e os seus efectos: Estuda a situación e reflexiona.
  4. Sección 4. Reto
  1. Resposta aberta
  2. Resposta aberta
  3. Retroalimentación
  4. Rúbrica do reto

Feito con eXeLearning (Nova xanela)