Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa aparecen recollidos os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación das tres unidades didácticas que se traballan neste recurso, tendo en conta a programación modelo publicada en Proens.

Ante esta circunstancia, é preciso detallar que o peso establecido na programación modelo das unidades didácticas deste recurso é:

  • 10 % - UD 5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I.
  • 10 % - UD 10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine.
  • 5 % - UD 11 Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación.
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación % (Orientación de Proens) Unidade/s didáctica/s (Proens)
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou na súa visualización. Identificar os diferentes instrumentos e agrupacións clasificándoos por familias e segundo a época correspondente. PE (Non incluída no REA) 20 UD5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I
CA1.2 - Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desenvolvidas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, da visualización ou da asistencia a eventos musicais. Expresar cun vocabulario axeitado ideas, emocións e opinións sobre os diferentes timbres instrumentais traballados nesta unidade. TI 20
CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais. Ler as partituras instrumentais propostas nesta unidade didáctica. TI 20
CA3.1 - Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade. Mostrar respecto cara os instrumentos e as agrupacións traballados nesta unidade didáctica, valorando a súa importancia e a súa influencia nas músicas actuais. TI 20
CA3.2 - Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas. Identificar as características técnicas específicas dos diferentes instrumentos musicais estudados. PE (Non incluída no REA) 20
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou na súa visualización. Identificar as principais características das músicas urbanas, así como a función da música no cine e os medios de comunicación. PE (Non incluída no REA) 20 UD10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine
CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos. Empregar a técnica básica que permita executar instrumental, vocal ou corporalmente as músicas traballadas nesta unidade didáctica. TI 10
CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora. Participar na planificación e a creación de propostas artístico-musicais grupais desenvolvidas nesta unidade didáctica. TI 20
CA3.3 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo. Interpretar con corrección as músicas propostas nesta unidade didáctica. TI 20
CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais. Contribuír a crear un proxecto de repertorio grupal propio, no que se inclúan pezas de música urbana ou cinematográfica, seguindo as directrices propostas polo profesorado. TI 10
CA3.6 - Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos. Crear ou interpretar unha peza musical ou dancística con elementos propios da cultura musical galega, propoñendo o seu uso para unha escena cinematográfica ou anuncio de radio ou televisión. TI 20
CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical. Coñecer e utilizar diferentes soportes audiovisuais para escoitar, visualizar e analizar diferentes partituras e pezas musicais e dancísticas. TI 30 UD11 Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación
CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora. Manexar as ferramentas dixitais de edición, creación e secuenciación de partituras traballadas nesta unidade didáctica. TI 30
CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais. Crear un proxecto musical, individual ou grupal, seguindo as pautas dadas polo profesorado, no que se utilicen medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais. TI 40
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores  

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación inclúese a relación dos criterios de avaliación das competencias específicas avaliadas neste recurso.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou na súa visualización.

Que escoitaches hoxe? / 2.2.

A música "clásica" é doutros tempos / 3.1.

E tí de quen es? / 3.2.

Quen se agocha tras a música? / 3.3

 

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA1.2 - Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desenvolvidas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, da visualización ou da asistencia a eventos musicais.

E ti que sentes / 2.1.

Actividade multinivel / 2.1.

Diseccionando un pódcast / 2.2

As raíces da túa árbore / 3.4.

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.

Un tren musical / 2.3.

Que está soando? / 3.2.

Pipocas / 3.4.

Descubre o seu estilo / 3.5.

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.

O hip-hop na aula / 3.6. 

Silencio...grávase / 3.7.

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos. A traballar o guión / 4.1.

Listas de cotexo

Rúbrica

CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora.

Axudando con palabras / 3.4.

A traballar o guión / 4.1.

Listas de cotexo

Rúbrica

CA3.1 - Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.

Os sons da vila / 3.1.

Que música soa na túa vila? / 3.3.

Centrando a túa escoita / 3.5.

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA3.2 - Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.

Quen se agocha tras a música? / 3.3

Que música soa na túa vila? / 3.3.

Que é este aparello / 3.7.

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA3.3 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo.

Levando o ritmo / 3.5.

Actividade multinivel / 3.6.

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.

A túa propia sintonía / 3.5.

Se queres dar un paso máis / 3.7.

Unha cuña solidaria / 3.7.

Listas de cotexo

Rúbrica

CA3.6 - Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos. O hip-hop na aula / 3.6. 

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)