Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).

Cómpre ter en conta que:

  • A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das tres unidades didácticas, polo que a suma total é do 300 %.
  • O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é: 
    • 10 % UD 4 Texturas e formas musicais
    • 10 % UD 7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade
    • 5 % UD 12 Música en vivo: son músico e son público

Ao desenvolver de maneira conxunta as unidades didácticas da programación modelo de Proens, os criterios de avaliación avaliables mediante táboas de indicadores (incluídas no REA) mantéñense cos pesos prorrateados da proposta Proens. O profesorado deberá, por tanto, ter en conta os pesos das unidades didácticas e dos criterios avaliables mediante proba escrita ao deseñar as súas propostas.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento. Identificar as diferentes texturas e formas estudadas encadrándoas na época histórica axeitada. PE 4 30
CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical. Recoñecer auditivamente e na lectura das partituras traballadas os tipos de textura e as formas estudados nesta unidade didáctica. TI 4 30
CA1.4 - Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal. Manter silencio na escoita para apreciar as características da música estudadas, respectando as preguntas do resto de persoas e falando nas quendas indicadas. TI 4 10
CA3.2 - Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas. Identificar as diferenzas entre as formas musicais da música clásica ou culta e as formas musicais da música popular e urbana traballadas nesta unidade didáctica. PE 4 30
CA2.7 - Interpretar e crear a través da voz, do corpo ou dos instrumentos, de maneira individual ou en grupo, diferentes pezas musicais, escénicas e dancísticas con elementos propios da cultura galega. Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas cos elementos estudados nesta unidade didáctica, seguindo as pautas dadas polo profesorado. TI 7 20
CA3.1 - Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade. Valorar as músicas e as danzas do patrimonio galego traballadas e estudadas nesta unidade didáctica, amosando respecto cara elas. TI 7 20
CA3.2 - Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas. Identificar os trazos característicos das músicas e as danzas da cultura galega: instrumentos utilizados, tipos de compás, estruturas, tipos de danzas. PE 7 20
CA3.5 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto. Identificar as características culturais e sociais das obras propostas do patrimonio artístico galego. PE 7 20
CA3.6 - Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos. Crear pezas propias (individuais ou en grupo, musicais ou dancísticas), baseándose nos elementos propios da cultura musical galega. TI 7 20
CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais. Ler con corrección as partituras que conforman o repertorio a interpretar nesta unidade didáctica. TI 12 10
CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos. Empregar a técnica básica e necesaria instrumental, vocal e corporal estudada ao longo do curso para preparar o repertorio traballado nesta unidade didáctica. TI 12 10
CA2.5 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais. Interpretar con corrección as pezas musicais e dancísticas propostas nesta unidade didáctica, tanto na clase como en público, xestionando o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara ao resto de persoas. TI 12 20
CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora. Participar na planificación e a creación da proposta escénico-artística ideada para esta unidade didáctica. TI 12 10
CA3.3 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo. Interpretar con corrección, na clase e en público, repertorio das diferentes culturas musicais estudadas. TI 12 20
CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais. Participar na creación de medios audiovisuais que acompañen o repertorio proposto nesta unidade didáctica, e axudar a xestionar a organización das actuacións en vivo con dito repertorio. TI 12 20
CA3.6 - Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos. Crear composicións musicais ou dancísticas con elementos propios da cultura galega, para interpretalos en vivo co resto do repertorio proposto nesta unidade didáctica. TI 12 10
Lenda%: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación así como o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
  1. Fase 2. Apartados 2.1. e 2.2. Recoñece o compás e Que sabes do folclore. Danza de paus.
  2. Fase 3. Actividade de recolleita de folclore.
  3. Fase 3. Información básica de distintos xéneros de música tradicional galega: Alalá (3.1.), Xota (3.2.), Muiñeira (3.3.), e os bailes agarrados (3.4.).
  4. Fase 4. Reto
  1. Retroalimentación e observación directa
  2. Rúbrica da recolleita
  3. Proba escrita (non incluída no REA)
  4. Rúbrica do reto
CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.
  1. Fase 2. Recoñece a forma musical
  2. Fase 2.  2.2. Paus á danza. Lectura de partituras rítmicas sinxelas.
  3. Fase 2.  2.2. Escoita e recoñece as partes da danza 
  4. Fase 3. 3.1., 3.2, 3.3. e 3.4. Lectura de distintas partituras e materiais para seguir interiorizando os elementos básicos da linguaxe musical.
  5. Fase 3. 3.1. Recoñece as texturas. Reflexiona sobre a textura deste arranxo de Fisterra.
  6. Fase 3. 3.2. Reflexiona sobre a forma desta peza
  7. Fase 4: Reto
  1. Retroalimentación
  2. Observación directa
  3. Retroalimentación
  4. Observación directa
  5. Retroalimentación 
  6. Retroalimentación
  7. Rúbrica do reto
CA1.4 - Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.
  1. Fase 2.  2.2. Paus á danza. A través da interpretación e a creación que se propón con esta danza.
  2. Fase 3. 3.1., 3.2., 3.3. e 3.4. Interpretación e creación propostas con estas pezas musicais e dancísticas
  3. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Observación directa
  3. Rúbrica do reto
CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.
  1. Fase 2. Recoñece a forma musical
  2. Fase 2. 2.2. Paus á danza. Lectura de partituras rítmicas sinxelas. 
  3. Fase 2.  2.2. Escoita e recoñece as partes da danza 
  4. Fase 3. 3.1., 3.2, 3.3. e 3.4. Lectura de distintas partituras e materiais para seguir interiorizando os elementos básicos da linguaxe musical.
  5. Fase 3. 3.1. Recoñece as texturas. Reflexiona sobre a textura deste arranxo de Fisterra.
  6. Fase 3. 3.2. Reflexiona sobre a forma desta peza
  7. Fase 4. Reto
  1. Retroalimentación
  2. Observación directa
  3. Retroalimentación
  4. Observación directa
  5. Retroalimentación
  6. Retroalimentación
  7. Rúbrica do reto
CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.
  1. Fase 2. 2.2. Interpretación dunha danza de paus.
  2. Fase 3. 3.1., 3.2., 3.3. e 3.4.Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas.
  3. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Observación directa
  3. Rúbrica do reto
CA2.5 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais.
  1. Fase 2. 2.2. Interpretación dunha danza de paus.
  2. Fase 3. 3.1., 3.2., 3.3. e 3.4. Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas.
  3. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Observación directa
  3. Rúbrica do reto
CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais, con actitude inclusiva e cohesionadora.
  1. Fase 2. 2.2. Interpretación dunha danza de paus. Actividade de creación grupal ao alumnado.
  2. Fase 3. 3.1., 3.2., 3.3. e 3.4. Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas. Creación de novas propostas de interpretación.
  3. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Observación directa
  3. Rúbrica do reto
CA2.7 - Interpretar e crear a través da voz, do corpo ou dos instrumentos, de maneira individual ou en grupo, diferentes pezas musicais, escénicas e dancísticas con elementos propios da cultura galega.
  1. Fase 3. 3.1., 3.2., 3.3. e 3.4. Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas. Creación de novas propostas de interpretación.
  2. Fase 4. Reto
  1. Rúbrica do reto
CA3.1 - Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.
  1. Fase 2. 2.1. A rosca da danza e Que sabes de folclore.
  2. Fase 2. 2.2. Danzas de paus.
  3. Fase 3. 3.1., 3.2, 3.3. e 3.4. Interpretación coreográfica, instrumental e vocal das pezas propostas.
  4. Fase 4. Reto
  1. Retroalimentación
  2. Observación directa
  3. Observación directa
  4. Rúbrica do reto
CA3.2 - Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.
  1. Fase 2.  2.2. Escoita e recoñece as partes da danza 
  2. Fase 3. 3.1., 3.2, 3.3. e 3.4. Ao achegarnos a cada un dos xéneros o alumnado terá a oportunidade de reflexionar e interiorizar as características de cada un, analizando os aspectos comúns e diferenciais entre eles. 
  3. Fase 3. 3.1. Recoñece as texturas. Reflexiona sobre a textura deste arranxo de Fisterra
  4. Fase 3. 3.2. Reflexiona sobre a forma desta peza
  1. Retroalimentación
  2. Proba escrita (non incluída no REA)
  3. Retroalimentación
  4. Retroalimentación
CA3.3 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo.
  1. Fase 2. 2.2. Interpretación dunha danza de paus
  2. Fase 3. Actividade de recolleita
  3. Fase 3. 3.1., 3.2, 3.3. e 3.4. Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas.
  4. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Rúbrica da recolleita
  3. Observación directa
  4. Rúbrica do reto
CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.
  1. Fase 2. 2.2. Propoñede a vosa versión (danza de paus). 
  2. Fase 3. 3.1., 3.2., 3.3. e 3.4. Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas. Propoñede a vosa versión (xota e muiñeira).
  3. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Observación directa
  3. Rúbrica do reto
CA3.5 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
  1. Fase 2. 2.1. Recoñece o compás.
  2. Fase 2. 2.1.  A rosca da danza e Que sabes de folclore.
  3. Fase 2. 2.2. Danza de paus.
  4. Fase 2.  2.2. Escoita e recoñece as partes da danza 
  5. Fase 3. Actividade de recolleita. A través desta actividade individual o alumnado terá que reflexionar sobre o recollido e como se relaciona con outras pezas e xéneros traballados na aula.
  6. Fase 3. Apartados 3.1., 3.2, 3.3. e 3.4. Achegamento a cada un dos xéneros. 
  7. Fase 4. Reto
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Observación directa
  4. Retroalimentación
  5. Rúbrica da recolleita
  6. Proba escrita (non incluída no REA)
  7. Rúbrica do reto
CA3.6 - Utilizar as características e os elementos propios da cultura musical galega como base para crear diferentes composicións musicais, escénicas e/ou dancísticas executadas a través da voz, do corpo ou dos instrumentos.
  1. Fase 2. 2.2. Propoñede a vosa versión (danza de paus). 
  2. Fase 3. 3.2. e 3.3. Interpretacións vocais, instrumentais e coreográficas. Propoñede a vosa versión (xota e muiñeira).
  3. Fase 4. Reto
  1. Observación directa
  2. Observación directa
  3. Rúbrica do reto

    Creado con eXeLearning (Ventana nueva)