Saltar navegación

1. Descrición xeral

Foliada virtual

Nesta situación de aprendizaxe proponse que toda a clase cree, de maneira conxunta, unha foliada virtual descubrindo e experimentando distintos elementos da linguaxe musical a través da práctica da música e da danza de Galicia e o resto de España. Ao longo do proceso, o alumnado irá coñecendo a súa cultura, os seus sons e movementos, aprendendo dunha maneira activa, creativa e compartida.

A través deste recurso preténdese que o alumnado comprenda as características diferenciadas da música tradicional galega, comparándoa ademais con outras músicas tradicionais, á vez que interioriza os elementos básicos da música. Así mesmo, búscase que sexa capaz de interpretar música e danza empregando a voz, o corpo e diferentes instrumentos, tanto de maneira individual como colectiva, utilizando partituras adaptadas ao 2.º curso da ESO. A partir da comprensión da linguaxe musical e das coreografías, o alumnado poderá tamén propoñer, improvisar e compoñer pequenos fragmentos musicais e dancísticos. Por outra banda, tamén se propón unha recolleita, de forma que o alumnado desenvolva habilidades de gravación e edición de son, pero tamén que conecte coa identidade cultural galega.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)