Contextualización do REA na programación de materia
Este REA é o número 1 dentro dos 4 que cobren integramente o currículo da materia de Música de 2.º da ESO. A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 13/05/2025).
A proposta de traballo cREAgal para a materia baséase nunha organización metodolóxica centrada en proxectos competenciais, que combina unidades didácticas de contido máis teórico con outras de carácter práctico. Isto supón unha redistribución temporal das unidades didácticas previstas na programación anual modelo de Proens, aspecto que o profesorado debe ter en conta. Esta adaptación non modifica nin os contidos nin os criterios de avaliación establecidos na programación orixinal.
A avaliación de cada REA realízase segundo os pesos das unidades didácticas que inclúe. Dentro de cada REA, os criterios de avaliación avaliables mediante TI (Táboas de indicadores) manteñen os pesos prorrateados da proposta Proens. As probas escritas non se incorporan nos REA.
A nova secuenciación de unidades non altera a avaliación global da materia. O peso total de cada unidade didáctica continúa sendo o mesmo, e os criterios de avaliación aplícanse coas mesmas proporcións. A avaliación trimestral segue o método de cálculo da programación modelo Proens, é dicir, a media ponderada das unidades impartidas e o prorrateo das que continúan entre trimestres.
Así, o profesorado que empregue os REA de cREAgal para impartir Música en 2.º de ESO só deberá axustar as caixas correspondentes aos trimestres das unidades na programación modelo de Proens.
Esta proposta cREAgal non modifica o sistema de avaliación establecido no modelo de Proens, senón que reorganiza pedagoxicamente o proceso para integrar mellor a parte teórica e a práctica, reforzando o enfoque competencial da materia.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Ruído en acción" | UD 1 Parámetros do son: ruído, música e silencio UD 2 Elementos rítmicos e melódicos: duración e altura UD 9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao Jazz |
CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.4 | 5% + 10% + 10% = 25% | 1.º trimestre |
| REA 2: "Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural" | UD 3 Harmonía: introdución aos acordes básicos UD 6 A voz: produción do son, clasificación das voces e agrupacións vocais. Técnicas de canto. Timbre II UD 8 Música e danzas de España e do mundo |
CA1.2, CA1.3, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.3 | 5% + 10% + 10% = 25% | 1.º- 2.º trimestre |
| REA 3: "Foliada virtual" | UD 4 Texturas e formas musicais UD 7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade UD 12 Música en vivo: son músico e son público |
CA1.1, CA3.2, CA1.3, CA1.4 CA3.2, CA3.5, CA2.7, CA3.1, CA3.6 CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA3.3, CA3.4, CA3.6 |
10% + 10% + 5% = 25% | 2.º- 3.º trimestre |
| REA 4: "A banda sonora da túa vida" | UD 5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I UD 10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine UD 11 Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación |
CA1.1, CA3.2, CA1.2, CA2.3, CA3.1 CA1.1, CA2.4, CA2.6, CA3.3, CA3.4, CA3.6 CA1.3, CA2.6, CA3.4 |
10% + 10% + 5% = 25% | 3.º trimestre |