Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións e impartirase ao longo do primeiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares das seguintes  unidades didácticas recollidas na  da programación modelo de Proens para a materia de Música de 2.º da ESO:

  • 1. Parámetros do son: ruído, música e silencio.
  • 2. Elementos rítmicos e melódicos: duración e altura.
  • 9. A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao jazz.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. Paisaxe sonora

1. Paisaxe sonora

1.1. Do ruído ao ritmo

Sesión de motivación e presentación do reto a través dun conto como fío condutor.

Introdución ao reto.

1 sesión
2. Lixo para os ouvidos

2. Lixo para os ouvidos

2.1. Volvendo visible o invisible

2.2. O que nunca escoitas

Conceptos de contaminación acústica e escoita activa.

Activación de coñecementos previos sobre as diferencias entre ton, ruído e silencio.

2 sesións
3. Mans ao son

3. Mans ao son

3.1. A que soa o teu centro?

3.2. O ritmo do centro

3.3. Tic-Tac

3.4. Nesta clase non se escribe!

3.5. O ascensor musical

3.6. E ti sen paraugas!

3.7. Quen fala?

3.8. Hora de crear

3.9. Un centro con swing

Parámetros do son.

Ritmo:

  • Tipos de compás
  • Figuras musicais e silencios.
  • Indicacións de tempo.

Altura: 

  • Pentagrama, liñas adicionais e claves.
  • Tipos de alteracións (díese, bemol, becuadro).
  • A escala maior.

Intensidade: matices e reguladores.

Timbre: interpretación musical con obxectos non musicais e creación de botellófono.

Historia do jazz, swing, scat e blues.

Improvisación e composición rítmica.

12 sesións
4. A traca final

4. A traca final

4.1. Luces, cámara...

Creación dunha posta en escena e dun discurso sobre a contaminación acústica. 2 sesións
5. Que soen os relampos 5. Que soen os relampos Representación da actuación relampo e reflexión sobre o aprendido. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)