Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa aparecen recollidos os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se recollen para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación das tres unidades didácticas que se traballan neste recurso, tendo en conta a programación modelo publicada en Proens.

Ante esta circunstancia, é preciso detallar que o peso establecido na programación modelo das unidades didácticas deste recurso é:

  • 5 % - UD 1 Parámetros do son: ruído, música e silencio
  • 10 % - UD 2 Elementos rítmicos e melódicos: duración e altura
  • 10 % - UD 9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao jazz
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación % (Orientación de Proens)  Unidade/s didáctica/s (Proens)

CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.

Recoñecer na partitura os elementos que representan os parámetros do son: figuras musicais, clave, notas musicais, matices e instrumentos para os que está escrita.

TI 35 UD1 Parámetros do son: ruído, música e silencio

CA1.4 - Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.

Manter silencio na escoita para apreciar as características estudadas na música respectando as preguntas formuladas polo resto de compañeiras e compañeiros e falando nas quendas indicadas. TI 35

CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.

Ler as partituras propostas con corrección, recoñecendo os elementos básicos que conforman os parámetros do son e recoñecendo tamén a súa representación gráfica na música. TI 30

CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.

Recoñecer os principais elementos rítmicos e melódicos nas partituras traballadas: compás, figuras musicais, notas musicais, clave de sol en 2.ª liña, intervalos, tipos de melodías. TI 20 UD2 Elementos rítmicos e melódicos: duración e altura

CA1.4 - Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.

Respectar as producións das compañeiras e dos compañeiros gardando silencio nos momentos nos que o resto formule as súas dúbidas ou executen o seu papel no conxunto, intervindo cando o profesorado o indique. TI 20

CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.

Ler, coa destreza esixida neste curso, os exercicios e as partituras de percusión corporal, movemento, pequena percusión ou lectura traballados durante as sesións desta unidade. PE (non incluída no REA) 30

CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.

Executar con precisión as técnicas instrumentais, vocais ou corporais traballadas nas partituras utilizadas nesta unidade. TI 30

CA2.1 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.

Participar activamente nas actividades de improvisación musical e dancísticas propostas nesta unidade didáctica, achegando ideas propias e con respecto cara as suxestións do resto de compañeiras e compañeiros. PE (non incluída no REA) 25 UD9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao jazz

CA2.2 - Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.

Expresar ideas propias, sentimentos e emocións nas actividades de improvisación propostas nesta unidade didáctica, investigando con mentalidade aberta as propias posibilidades e os recursos improvisatorios. TI 30

CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.

Contribuír a crear un proxecto de repertorio grupal propio, no que se inclúan fragmentos improvisados, seguindo as técnicas propostas polo profesorado. TI 45
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación inclúese a relación dos criterios de avaliación das competencias específicas avaliadas neste recurso.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.3 - Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.

Actividade multinivel / 2.1. Volvendo visible o invisible

Como recoñeces o que escoitas? / 3.1. A que soa o teu centro

Representando a música ao teu xeito / 3.1. A que soa o teu centro

Quedou todo ciscado / 3.3. Tic -Tac

A que soa isto? / 3.3. Tic -Tac

...eeeEHH!!! / 3.6. E ti sen paraugas!

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA1.4 - Apreciar a importancia do silencio, da concentración e da atención para traballar a escoita activa, así como crear un marco de respecto aplicando as normas de comportamento individual e grupal.

A que soa o silencio? / 2.2. O que nunca escoitas 

Na busca de patróns rítmicos / 2.2. O que nunca escoitas 

Como se ve o silencio? / 3.1. A que soa o teu centro

Os sons/timbres da túa clase / 3.7. Quen fala?

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA2.1 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.

Teléfono musical / 3.4. Nesta clase non se escribe!

Botellófono / 3.7. Quen fala?

Unha orquestra de lapis e bolis / 3.8. Hora de crear

Concienciando as demais persoas / 4. A traca final

A biblioteca é Broadway! / 4.1. Luces, cámara...

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA2.2 - Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.

Compoñendo con ritmo / 3.8. Hora de crear

Expresándose coa música / 3.8. Hora de crear

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.

Actividade multinivel: A toda marcha / 3.2. O ritmo do centro

Compases revoltos / 3.3. Tic -Tac

Unha partitura pasada por auga / 3.4. Nesta clase non se escribe!

Unha mensaxe secreta / 3.5. O ascensor musical

Adiviña / 3.5. O ascensor musical

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

Rúbrica

CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos.

Chega a túa quenda / 3.9. Un centro con swing

Esperta o teu swing / 3.9. Un centro con swing

O blues do ruído / 3.9. Un centro con swing

Concienciando as demais persoas / 4. A traca final

A biblioteca é Broadway! / 4.1. Luces, cámara...

Listas de cotexo

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA3.4 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional, usando medios audiovisuais e tecnoloxías dixitais.

Botellófono / 3.7. Quen fala?

Unha orquestra de lapis e bolis / 3.8. Hora de crear

O blues do ruído / 3.9. Un centro con swing

Concienciando ás demais persoas / 4. A traca final

A biblioteca é Broadway! / 4.1. Luces, cámara...

Relampos na biblioteca! / 5. Que soen os relampos

Listas de cotexo

Rúbrica

Feito con eXeLearning (Nova xanela)