Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Temporalización prevista en base á programación prevista en PROENS:

En consoancia coa planificación curricular establecida en PROENS, deseñouse unha temporalización detallada que articula as diversas fases da situación de aprendizaxe da área correspondente. Esta planificación estrutúrase nun conxunto de sesións, cada unha dedicada a unha fase específica, co propósito de guiar de maneira organizada e coherente o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado.

Esta planificación temporal proporciona unha visión global do desenvolvemento do área ao longo do tempo, facilitando así a planificación e seguimento axeitado do proceso educativo.

Para visualizar esta distribución temporal, preséntase a continuación unha táboa que relaciona as diferentes fases da situación de aprendizaxe co número de sesións previstas para cada unha, xunto cunha breve descrición do traballo a desenvolver en cada etapa:

Fase Seccións Para que? Temporalización
1. A gaiteira de Lindín

1.1 Lemos o conto

1.2 Sonorizamos o conto

Sesión de motivación e presentación do reto a través dun conto como fío conductor. Introdución ao reto. 1 sesión
2. Serendipia

2.1 Linguaxe Musical

2.2 Elementos sonoros

Activación de coñecementos previos sobre diversos aspectos da linguaxe musical.

Lectura, entoación e ditados rítmicos-melódicos.

3 e 1/2 sesións
3. Cantamos coa gaiteira de Lindín

3.1 Explorando a voz

3.2 Clasificación das voces

3.3 A voz a través do tempo

Desenvolvemento de habilidades vocais e exploración das capacidades do instrumento vocal, identificando e clasificando as diferentes características e rangos vocais.

Evolución do desenvolvemento da voz ao longo do tempo, comprendendo a súa importancia histórica e cultural, así como para acompañamento a danzas folclóricas.

3 sesións
 4. Canto contas cando cantas

Sonorizamos o conto: A gaiteira de Lindín

Sesión de posta en común da sonorización dun conto nun evento relacionado coas Letras Galegas.

Integración dos elementos aprendidos durante a situación de ensinanza-aprendizaxe nunha experiencia práctica.

2 sesión
5. Fase 5

Rúbrica individual

Rúbrica traballo en equipo

Rúbrica REA

Na Diana

Repasamos (especialmente o reto final) e reflexionamos sobre o aprendido. 1/2 sesión
6. Diario de aprendizaxe Reflexión de xeito individual e colectivo sobre o aprendido. Todas as fases

Feito con eXeLearning (Nova xanela)