Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 23 sesións no terceiro trimestre, ao remate do curso.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Problemas métricos no plano" (11 sesións), "Corpos xeométricos" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. Conócenos |
1. Conócenos 1.1. Encajando el encargo |
Sesión inicial onde se formula o reto final, os obxectivos do REA e se introduce ao alumno/a na empresa de GeoSoluciones SL e os encargos xeométricos que reciben. |
1 sesión |
|
Exploración de coñecementos previos: 2. Preparación para el ascenso |
2. Preparación para el ascenso 2.1. Midiendo sin medir 2.2. Puesta a punto |
Sesións para recordar os coñecementos previos necesarios para afrontar este REA: triángulos en posición de Tales, Teorema de Pitágoras e cálculo de áreas de figuras básicas. Inclúese unha actividade multinivel (Los toboganes del parque de Perillo) e unha grupal (Promoción en la empresa). |
2 sesións |
|
Conexión: 3. Nuestros proyectos |
3.1. Proyectos básicos |
Sesións nas que se traballarán problemas contextualizados de xeometría plana. |
2 sesións |
|
3.2. Proyectos poliédricos |
Sesións nas que se traballarán os poliedros: os prismas (Geometría en boxes) e as pirámides (Monumentos del tiempo). |
3 sesións |
|
|
3.3. Proyectos revolucionarios |
Sesións nas que se traballarán os corpos de revolución: os cilindros (Dando la vuelta al papel), os conos (A cubierto e Cúbrete con un sombrero) e as esferas (Sin aristas). |
5 sesións |
|
|
3.4. Proyectos troncales |
Sesións nas que se traballarán os troncos de pirámides e conos. |
5 sesións |
|
|
3.5. Proyectos complejos |
Sesións nas que se traballarán as figuras tridimensionais formadas por varios corpos xeométricos. |
2 sesións |
|
|
Reto final: 4. Una IDEA toma forma |
4. Una IDEA toma forma 4.1. Revisión de la IDEA |
Sesións adicadas ao deseño e construción en grupo de caixas amontoables con forma de troncos (reto final). Aquí poñerase en práctica o aprendido ao longo da unidade. |
2 sesións |
|
Conclusión e avaliación: 5. La IDEA truncada |
5. La IDEA truncada |
Sesión de presentación dos deseños elaborados. Avaliación do reto final e recapitulación dos contidos aprendidos. |
1 sesión |