Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 12 sesións, no terceiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares dos temas "Movementos no plano" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. ArTeMática

1. ArTeMática

1.1. Quien tiene un amigo tiene un tesoro

Sesión inicial onde se formula o reto final, os obxectivos do REA e introdúcese ao alumno/a no contexto do REA, o taller artesán. Descríbese a estrutura dos equipos e complétase a primeira entrada do diario de aprendizaxe.

1 sesión

Exploración de coñecementos previos:

2. Geometría heredada

2. Geometría heredada

2.1. Movimiento artesanal

2.2. Símbolos celtas

Sesións para recordar os coñecementos previos necesarios para afrontar este REA: transformacións xeométricas e movementos.

Inclúese unha actividade multinivel ("Dibujando nudos sin perder el hilo") e unha grupal ("Aprendiendo a usar las herramientas").

Complétase a segunda entrada do diario de aprendizaxe.

1 sesión

Conexión:

3. Creando una marca

3.1. Envoltorios artesanales

Sesión na que se introducen os contidos de vectores e translacións e trabállanse problemas contextualizados de translacións.

Inclúense unha actividade interactiva de consolidación de contidos ("Las mariposas se trasladan") e unha actividade de GeoGebra de construción creativa dunha caixa de agasallo ("Construye tu caja de regalo"). 

1 sesión

3.2. Pétalos de creación propia

Sesión na que se introducen os contidos de xiros e trabállanse problemas contextualizados de xiros.

Inclúense dúas actividade GeoGebra de consolidación de contidos ("Diseños en movimiento" e "Analizando cenefas"), unha actividade grupal de creación creativa de rosetóns utilizando xiros ("Decorando rosetones").

1 sesión

3.3. Elegancia en el espejo

Sesión na que se introducen os contidos de simetrías e trabállanse problemas contextualizados de simetrías.

Inclúense actividades de reflexión sobre a composición de simetrías ("Dos pasos..., ... un resultado") e unha actividade de identificación de simetrías en obxectos en contextos reais ("El equilibrio del Camino").

1 sesión

3.4. Decoración en movimiento

Sesión na que se realizará unha actividade multinivel de movementos ("Decoración en movimientos").

1 sesión

3.5. Movimiento en tus manos

Sesión na que se introducen os contidos relacionados con escorregamentos e trabállanse problemas contextualizados de escorregamentos.

Inclúense unha actividade de atopar eixe de simetría e vector de translación dun escorregamento ("Analizando deslizamientos") e unha actividade de construción creativa dun marcapáxinas empregando escorregamentos ("Diseña tu marcapáginas").

1 sesión

3.6. Rompiendo el nudo

Sesión na que se introducen os contidos de mosaicos e trabállanse problemas contextualizados de mosaicos.

Inclúese unha actividade para practicar varias técnicas de creación de mosaicos necesarias para poder realizar o reto final.

Complétase a terceira entrada do diario de aprendizaxe

1 sesión

Reto Final:

4. Vuestra creación

4. Vuestra creación

4.1. El valor de vuestra joya

Sesións para realizar o reto final:

Realízase o primeiro bosquexo individual en papel e decídese entre as persoas do grupo cal vai ser o da "Xoia da amizade".

Deséñase a xoia con GeoGebra e créase unha imaxe vectorial compatible coa cortadora láser.

Realízase a memoria de traballo e prepárase a presentación.

Complétase a cuarta entrada do diario de aprendizaxe.

 3 sesións

Conclusión e avaliación:

5. Vuestra feria de artesanía

5. Vuestra feria de artesanía

Sesión de presentación das xoias elaboradas.

Avaliación do reto final e recapitulación dos contidos aprendidos.

Complétase a última entrada do diario de aprendizaxe.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)