Saltar navegación

1. Descrición xeral

Taller ArTeMática


Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado adquira unha parte dos coñecementos dos bloques de contidos dos sentidos espacial e socioafectivo do 
currículo de 3º de ESO, poñendo en valor do patrimonio galego, concretamente a súa artesanía, tendo como fío condutor o traballo nun taller artesán.

Incorpora estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais e motivadoras, relacionadas co traballo nun taller de artesanía, que requiren distintos niveis de dificultade.

O reto final proposto consiste no deseño dunha xoia da amizade. Cada persoa do equipo terá unha copia idéntica da xoia, que ao xuntalas encaixarán perfectamente entre si. O enfoque multinivel do reto vén dado pola complexidade no deseño da xoia.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Analizar formas e patróns presentes na artesanía identificando a estrutura matemática que os sostén.
  2. Adquirir ferramentas para a creación de movementos utilizando tanto ferramentas físicas como dixitais.
  3. Valorar a importancia da xeometría da contorna.
  4. Desenvolver a creatividade e aplicala no deseño de obxectos xeométricos.
  5. Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións e asumindo erros.
  6. Desenvolver destrezas sociais participando activa e reflexivamente en actividades de traballo en equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)