Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 12 sesións, ao inicio do terceiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares da unidade didáctica "Azar e probabilidade" (11 sesións), e da unidade didáctica transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. Tomando el testigo |
1.1. Asume el mando |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: crear un xogo para a sobremesa da romaría. Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e os obxectivos finais. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos): 2. El legado |
2.1. Elección de puestos 2.2. Las lecciones del tesorero 2.3. El primero de los premios |
Sesións iniciais para conectar cos coñecementos de situacións básicas de azar traballadas en Educación Primaria e o emprego de linguaxe intuitiva sobre probabilidade. Preséntanse varios sorteos como introdución a experimentos aleatorios sinxelos, os tipos de sucesos e cálculo de probabilidades. Como exemplos destacan a elección de postos da romaría, a realización de unha tómbola ou o sorteo de unha cesta de produtos da horta. Inclúese unha actividade grupal ("El negocio de la tómbola") e unha multinivel ("El sorteo de los productos de la huerta"). Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual. |
2 sesións |
|
3. Conexión: La romería se complica |
3. La romería se complica 3.1. Coincidencias en la romería 3.2. Cuestión de gustos... y edades |
Sesión na que se presentan as primeiras tarefas na organización da romaría: planificar o día do traxe galego e a actuación musical principal. Contidos e actividades referidos a operacións con sucesos e táboas de continxencia. |
1 sesión |
|
3. Conexión: La romería se complica |
3.3. Quitando telarañas |
Sesión na que se traballa co achado dun xogo tradicional na romaría: as tabas. Contidos e actividades referidos ao emprego da regra de Laplace e á probabilidade frecuencial. Inclúese unha actividade multinivel ("El taller de las tabas"). |
1 sesión |
|
3. Conexión: La romería se complica |
3.4. Saltos con premio |
Sesión nas que se presenta un novo xogo tradicional para a romaría: o xogo da ra. Contidos e actividades referidos a:
Inclúese unha actividade grupal ("¿Aprobamos el premio o no?"). |
1 sesión |
|
3. Conexión: La romería se complica |
3.5. Si no hay comida, no hay fiesta 3.6. Yo juego seguro, ¿pero cuándo? |
Sesión na que se traballa na preparación da comida popular e na organización dos torneos de xogos populares. Contidos e actividades referidos a:
|
1 sesión |
|
3. Conexión: La romería se complica |
3.7. Pistoletazo de salida |
Sesión nas que se planifica tanto a realización dunha carreira popular coma o pregón da festa. Contidos e actividades referidos a introdución á combinatoria e técnicas de reconto:
Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final. |
1 sesión |
|
Reto final: 4. La última pieza |
4. La última pieza 4.1. Testeando |
O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora para a resolución do reto proposto na fase 1: construción de un xogo para amenizar a sobremesa da comida popular. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual. |
3 sesións |
|
Conclusión e avaliación: 5. ¿Jugamos?
|
5. ¿Jugamos? |
Sesión vinculada á presentación do xogo realizado e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos grupos da aula. Auto-reflexión, individual e en equipo, sobre a utilidade do aprendido e avaliación do reto final. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles. Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo desenvolvido durante todo o REA. |
1 sesión |