Saltar navegación

1. Descrición xeral

El legado de San Fiz de Azar

Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos estocástico e socioafectivo do currículo de 3º de ESO no contexto da organización dunha romaría popular galega.

Tamén busca incorporar estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais e motivadoras relacionadas co traballo dunha comisión de festexos, e que requiran distintos niveis de dificultade.

Para acadalo proponse como reto que o alumnado cree un xogo baseado nas tradicións para a sobremesa da romaría, no que o azar e a probabilidade sexan elementos importantes.

Traballando en grupos, deberán planificar, construír e presentar a súa proposta, acompañada dun informe que inclúa a descrición do xogo, os materiais empregados, regras claras e unha análise dos posibles resultados. Ademais, deberán probar o xogo e rexistrar resultados, para finalmente presentalo na aula ante o resto de compañeiros e compañeiras.

Ao longo do REA trataranse situacións similares relacionadas con xogos e con azar, seguindo así formato que o alumnado pode tomar como modelo. Tamén se recollen indicacións claras para a realización do reto e instrumentos útiles para o proceso, como unha lista de control dos pasos a seguir, así como distintas rúbricas.

As metas de aprendizaxe son as seguintes:

  1. Diferenciar entre fenómenos deterministas e fenómenos aleatorios.
  2. Interpretar a probabilidade como unha medida para cuantificar a incerteza en experimentos aleatorios.
  3. Calcular probabilidades aplicado a regra de Laplace en sucesos equiprobables.
  4. Empregar as propiedades básicas da probabilidade para resolver situacións de azar.
  5. Resolver problemas da vida cotiá por medio do cálculo de probabilidades.
  6. Traballar cooperativamente para chegar a un obxectivo común e resolver desafíos en equipo.
  7. Comunicar resultados e procesos de forma visual, clara e estruturada.
  8. Deducir conclusións razoables sobre unha situación concreta unha vez modelizada.
  9. Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións e asumindo erros.
  10. Desenvolver destrezas sociais participando activa e reflexivamente en actividades de traballo en equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)