Saltar navegación

3. Guía de uso

Llegar a 100... ¡Malo será!

O REA "Llegar a 100... ¡Malo será!" fai un percorrido polos sentidos estocástico e socioafectivo que corresponden ao curso de 3º da ESO.

O fío condutor é a lonxevidade galega e o estudo da distribución xeográfica, así como as causas, das persoas que superan os cen anos.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Descrición: ¿Es Galicia zona azul?
  2. Exploración: Sabiduría popular
  3. Conexión: Datos para renacer
  4. O reto final: Longevidad radiografiada
  5. Conclusión: Azul, sí.

Na fase 1, é onde se describe o reto e máis onde se crean os equipos de traballo. Introdúcese o contexto da situación da lonxevidade en Galicia e, ademais, enúncianse os obxectivos a acadar ao final do REA. Esta fase é motivacional e integradora, moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2, faise un repaso polos principais saberes xa adquiridos en cursos anteriores, como a mostra e a poboación ou as variables estatísticas, no contexto da lonxevidade, introducindo o concepto de Índice Azul.

Na fase 3, abórdanse os contidos do presente curso e faise unha inmersión na situación de aprendizaxe a través dalgunhas circunstancias que teñen lugar de xeito cotián na lonxevidade en Galicia, tales como a relación con outras variables, a comparación con Okinawa ou a importancia da xente maior na sociedade.

Na fase 4, póñense en práctica os coñecementos adquiridos para desenvolver o reto, consistente na elaboración dun informe estatístico.

Na fase 5, ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase e, se cabe, con instancias superiores, como a dirección do centro.

O substrato do REA

A intención das persoas elaboradoras é que o alumnado sexa consciente de como o uso das matemáticas optimiza o estudo sobre a relación entre a lonxevidade galega e outras variables, vendo a importancia das matemáticas como motor para preguntarse ou debater sobre esta temática. Búscase un pensamento racional e apoiado nos coñecementos que se relacionan co sentido estocástico.

É tamén propósito esencial do REA potenciar o pensamento crítico e axudar á comprensión, conexión e memorización dos contidos a distintos niveis para que estean ao alcance de todo o alumnado. Ao longo do REA hai vídeos que motivan e fomentan a creatividade, así como imaxes cunha intencionalidade concreta segundo o contido e o contexto traballado. Ademais, todos os apartados conteñen introducións de contextos vinculados aos contidos e exercicios propostos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)