Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 12 sesións, ao final do segundo trimestre.

Engloba os aspectos curriculares do tema "Táboas, parámetros e gráficos estatísticos" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. ¿Es Galicia zona azul?

1.1. Buscando el "santuario de los 100 años".

Sesións de introdución e motivación sobre o reto.

Análise dos obxectivos aos que chegaremos ao finalizar o reto.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

1 sesión

Exploración de coñecementos previos:

2. Sabiduría popular.

2.1. ¿Te fías?

2.2. Claves para vivir más

2.3. Mens sana in corpore sano

2.4. IA: Índice Azul

Sesións para conectar cos coñecementos de 2º da ESO.

2.1. e 2.2. Faise unha introdución ao tema da Estatística, a través dos conceptos de poboación e mostra e concepto de variables estatísticas.

Introdúcense os primeiros problemas contextualizados no tema da lonxevidade en Galicia (1 sesión).

2.3. Faise un repaso da tabulación de datos a través dunha actividade multinivel (1 sesión).

2.4. Contén unha primeira actividade grupal onde se realiza unha ficha de apoio e se introduce e explica o concepto de Índice Azul, xunto cos principais diagramas para representar os datos estatísticos.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal (1 sesión).

3 sesións

Conexión:

3. ¡Datos para renacer!

3.1. Tus primeros datos

3.2. Las gamas de azul

3.3. Okinawa gallego

3.4. La edad es solo un dato

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

3.1. Introdúcense diferentes formas de representación de datos e o cálculo dos principais parámetros de centralización, acompañados de problemas para traballar os contidos (1 sesión).

3.2. A través da lonxevidade galega, introdúcense os principais parámetros de dispersión contextualizdos a través de diferentes problemas (1 sesión).

3.3. Actividade multinivel contextualizada, con problemas de resolución máis directa e problemas con enunciados máis complexos, centrados na comparación de Ourense como a Okinawa ibérica (1 sesión).

3.4. Unha mestura de contidos con problemas contextualizados, nos que hai que empregar todos os saberes xa vistos nas actividades anteriores.

Contén unha ficha de apoio para incluír no informe estatístico final e reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal (2 sesións).

5 sesións

Reto final:

4. Longevidad radiografiada

4.1. Echa la vista atrás

Propóñense dúas sesións para rematar o informe estatístico tendo en conta os requirimentos que debe cumprir.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e en equipo, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

2 sesións

Conclusión e avaliación:

5. Azul, sí

5. Azul, sí

Sesión vinculada á exposición do informe estatístico e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos equipos na aula.

Auto-reflexión, individual e en equipos, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

Derradeira intervención presentando os informes á dirección do centro para intentar sumarse a incorporación de Galicia como zona azul.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)