Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos oito que cobren, integramente, o currículo da materia de Matemáticas de 3º de ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 14/05/2025).

Os 13 temas deste modelo foron redistribuídos segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: ℝacionaliza tu monte

UD1: Números racionais.

UD2: Potencias e raíces.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.6

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 2: ¡Math & Rock!

UD3: Proporcionalidade.

UD4: Sucesións.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA1.6

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA4.3, CA4.4

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

8 %

2 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 3: ¡Fluye!

UD5: Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.4, CA4.6, CA4.7, CA4.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 4: Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá

UD6: Ecuacións e sistemas.

UD7: Funcións e gráficas. Funcións lineais e cadráticas.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6

CA4.5, CA4.6, CA4.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

8 %

4 %

11 sesións T2

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 5: Llegar a 100... ¡Malo será!

UD8: Táboas, parámetros e gráficos estatísticos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 6: El legado de San Fiz de Azar

UD9: Azar e probabilidade.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.4, CA5.1, CA5.3, CA5.5, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 7: Taller ArTeMática

UD11: Movementos no plano.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA3.1, CA3.4, CA3.5, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 8: GeoSoluciones SL

UD10: Problemas métricos no plano.

UD12: Corpos xeométricos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.3, CA3.5

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA3.2, CA3.4, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T3

11 sesións T3

1 sesión T3

Todos os REAS

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

20 %

(Reparto proposto de % por REA)

Todos os trimestres

8 sesións

(Reparto proposto de sesións por REA)

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 3º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, este REA promove activamente a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), conectando o traballo na aula co mundo real e coas grandes transformacións globais. En concreto, contribúe a acadar os seguintes ODS:

  • ODS 4: Educación de calidade, ao promover unha aprendizaxe significativa baseada en contextos reais (ciencia, espazo, tecnoloxía...), favorecendo a participación activa do alumnado e o desenvolvemento dun pensamento crítico pola súa parte. Deste xeito, o alumnado participa nun entorno inclusivo que garante a equidade no acceso ao coñecemento, e desenvolve o pensamento computacional, a resolución de problemas e a comunicación afectiva.
  • ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura, ao achegarse o alumnado a procesos reais de investigación en enxeñería, comprendendo o papel das matemáticas no desenvolvemento tecnolóxico e na exploración espacial. Isto permite permite simular na aula unha contorna profesional de I+D. Deste xeito, introdúcese a resolución de problemas reais mediante modelos matemáticos, como por exemplo a simulación de lanzamentos, a análise de traxectorias ou a reparación de sistemas técnicos.
  • ODS 13: Acción polo clima, ao poñer en valor a exploración espacial como modo de comprender e protexer o noso planeta. Ao longo do REA destácase o emprego de misións espaciais como fonte de datos para o desenvolvemento, o que conecta co papel da ciencia na comprensión do clima e na sustentabilidade.
  • ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos, ao fomentar o traballo en equipo, a toma de decisións compartida e a comunicación e o liderado distribuído, simulando modelos reais de traballo científico.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Matemáticas de 3º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 6. "Ecuacións e sistemas", 7. "Funcións e gráficas. Funcións lineais e cuadráticas" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

A proposta é traballalo no segundo trimestre, como segunda unidade da avaliación, a continuación do REA 3.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 4. "Sentido alxébrico" e 6. "Sentido socioafectivo".

Cómpre indicar que os contidos que gardan relación coas identidades notables se trataron en profundidade no REA 3.

Contidos Bloque da materia
  • C4.1 - Patróns
    • C4.1.3 - Transformación de expresións alxébricas. Identidades notables.
  • C4.2 - Modelo matemático
    • C4.2.1 - Modelización de situacións da vida cotiá usando representacións matemáticas e a linguaxe alxébrica.
    • C4.2.2 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.
  • C4.3 - Igualdade e desigualdade
    • C4.3.3 - Procura de solucións en ecuacións lineais e cuadráticas en situacións da vida cotiá. Resolución de ecuacións sinxelas de grao superior a dous.
    • C4.3.4 - Procura de solucións en sistemas lineais de dúas ecuacións e dúas incógnitas en problemas contextualizados.
    • C4.3.5 - Uso da tecnoloxía para a resolución de ecuacións e sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas.
  • C4.4 - Relacións e funcións
    • C4.4.1 - Aplicación e comparación das diferentes formas de representación dunha relación.
    • C4.4.2 - Identificación de funcións lineais e cuadráticas e comparación das súas propiedades a partir de táboas, gráficas ou expresións alxébricas. Identificación dos seus elementos característicos.
    • C4.4.3 - Identificación de relacións cuantitativas en situacións da vida cotiá e determinación da clase ou clases de funcións que a modelizan.
    • C4.4.4 - Uso da álxebra simbólica para a representación e a explicación de relacións matemáticas.
    • C4.4.5 - Dedución da información relevante de funcións lineais e cuadráticas a partir das súas diferentes expresións.
    • C4.4.6 - Uso da tecnoloxía para a construción e a representación de funcións.
  • C4.5 - Pensamento computacional
    • C4.5.1 - Xeneralización e transferencia de procesos de resolución de problemas a outras situacións.
    • C4.5.2 - Identificación de estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos.
    • C4.5.3 - Uso de calculadoras gráficas e distintos programas para a construción e representación de funcións.

Bloque 4

Sentido alxébrico

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 2 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 4 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 6 Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 7 Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos.
OBX 9 Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10 Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)