Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 23 sesións, no segundo trimestre.

Engloba os aspectos curriculares das unidades didácticas "Ecuacións e sistemas" (11 sesións), "Funcións e gráficas. Funcións lineais e cuadráticas" (11 sesións) e a transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo que se vai desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. Preparando la misión

1.1. Matemáticas en órbita

1.2. Centinelas del lanzamiento

Sesión de introdución e motivación sobre o reto: planificación dunha misión espacial.

Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos que se van seguir e os obxectivos finais.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual.

1 sesión

Exploración (coñecementos previos):

2. ¡Se busca astronauta!

2.1. Análisis de candidaturas

2.2. Entrenamiento estelar

2.3. Elección final

Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre as ecuacións de primeiro grado e funcións lineais, contextualizando no marco dunha misión espacial.

Preséntase un proceso de selección de astronautas para a misión, a partir dos resultados de probas físicas e psicolóxicas, ademais de outros parámetros clave.

Inclúese unha actividade multinivel (Entrenamiento) e unha grupal (Analizando los entrenamientos), e outra grupal (Analizando los entrenamientos).

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual.

4 sesións

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.1. Simulación de la trayectoria

Sesións nas que se presenta a primeira tarefa da misión: analizar diferentes traxectorias.

Contidos e actividades referidos ás funcións:

  • Concepto e distintas formas de expresala.
  • Características.
  • Análise de gráficas.

2 sesións

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.2. El centro de comunicación

Sesións nas que se presenta a segunda tarefa da misión: lograr a comunicación entre a nave e o centro de control.

Contidos e actividades referidos a funcións cuadráticas:

  • Ecuación en forma vértice.
  • Representación gráfica.
  • Identificación de elementos característicos.

2 sesións

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.3. Parada técnica

Sesións nas que se presenta a terceira tarefa da misión: parada en unha estación orbital para resolver os problemas posteriores ao lanzamento.

Contidos e actividades referidos a ecuacións de segundo grao:

  • Ecuacións incompletas e completas.
  • Discriminante e número de solucións.

Inclúese unha actividade grupal (Reparación de telemetría: ¡Detectada avería en los sensores!).

2 sesións

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.4. Protección en el vacío

Sesión na que se presenta a cuarta tarefa da misión: revisión do estado do traxe espacial .

Contidos e actividades referidos a ecuacións bicadradas.

1 sesión

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.5. Preparando el alunizaje

Sesións nas que se presenta a quinta tarefa da misión: estudo de modelos de traxectorias de aluaxe.

Contidos e actividades referidos a funcións cuadráticas:

  • Ecuación xeral.
  • Representación gráfica.
  • Identificación de elementos característicos.

2 sesións

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.6. Ajustando el escudo térmico tras el alunizaje

Sesións nas que se presenta a sexta tarefa da misión: calibrar o escudo térmico da nave para protexer os sistemas informáticos.

Contidos e actividades referidos á resolución de ecuacións de grao superior a 2 (método de Ruffini).

Inclúese unha actividade multinivel (Calculando...).

2 sesións

Conexión:

3. Todo depende de los cálculos

3.7. ¡Alerta de colisión!

3.8. Reajustes críticos

Sesións nas que se presentan a sétima e oitava tarefa da misión: calcular rutas en liña recta da nave e de asteroides que poderían impactar contra a mesma, e o posterior reaxuste dos motores para pór rumbo de volta cara á Terra.

Contidos e actividades referidos a sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas:

  • Tipos de sistemas de ecuacións.
  • Métodos de resolución.
  • Representación gráfica.

Inclúese unha actividade multinivel (Objetivo anticolisión).

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual.

3 sesións

Reto final:

4. ¡Misión calculada!

4. Misión calculada

4.1. Revisión final

O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora para a resolución do reto proposto na fase 1: creación dunha misión espacial alternativa e realización dun póster científico para a súa divulgación.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

3 sesións

Conclusión e avaliación:

5. La misión sale a la luz

5. La misión sale a la luz

Sesión vinculada á exposición oral do póster científico realizado e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos grupos da aula.

Auto-reflexión, individual e en equipo, sobre a utilidade do aprendido e avaliación do reto final. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se lle dea a cada un deles.

Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo desenvolvido durante todo o REA.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)