Saltar navegación

3. Guía de uso

¡Fluye!

O REA "¡Fluye!" fai un percorrido polos sentidos alxébrico e socioafectivo que corresponden ao curso de 3º da ESO.

O fío condutor é a aerodinámica e mediante diferentes situacións reais o alumnado vai descubrir como inflúe a forma no movemento e cales son as fórmulas que se empregan para estudalo.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Motivación: "¡Muévete!"
  2. Activación: "Analizando el viento"
  3. Estruturación: "Explora la aerodinámica"
  4. Aplicación: "El empuje final"
  5. Conclusión: "¡Que fluyan los modelos!"

Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar (facer un ensaio aerodinámico) e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora. Moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre álxebra, contextualizados sobre a forma de diferentes medios de transporte.

Na fase 3 introdúcense novos contidos como as identidades notables, as raíces dun polinomio, os teoremas do resto e do factor ou o método de Ruffini; en diferentes contextos enfocados a mellorar a aerodinámica (traballando co deseño, os materiais, etc) con actividades de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.

Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, facendo un ensaio aerodinámico no que modelizarán o movemento dun obxecto impulsado polo aire.

Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase.

O substrato do REA

A idea básica é traballar a competencia matemática facendo que o alumnado busque a información que precise para a resolución dun problema alxébrico e constrúa o seu esquema teórico. É por iso polo que os datos, en moitas ocasións, non se proporcionan directamente.

Neste proceso terán que decidir que necesitan, que é relevante e que é accesorio.

A intención das persoas elaboradoras é a de proporcionar un contexto amable no que desenvolver estas competencias, fomentando a creatividade e o traballo en equipo.

A dificultade do reto final (elaboración en grupo dun ensaio aerodinámico) vai depender da recollida de datos e do manexo da folla de cálculo que o equipo teña.

É importante que a persoa docente faga as orientacións oportunas para que cada equipo teña un reto acorde ao seu nivel.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)