Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos oito que cobren, integramente, o currículo da materia de Matemáticas de 3º de ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 14/05/2025).

Os 13 temas deste modelo foron redistribuídos segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: ℝacionaliza tu monte

UD1: Números racionais.

UD2: Potencias e raíces.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.6

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 2: ¡Math & Rock!

UD3: Proporcionalidade.

UD4: Sucesións.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA1.6

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA4.3, CA4.4

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

8 %

2 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 3: ¡Fluye!

UD5: Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.4, CA4.6, CA4.7, CA4.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 4: Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá

UD6: Ecuacións e sistemas.

UD7: Funcións e gráficas. Funcións lineais e cuadráticas.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6

CA4.5, CA4.6, CA4.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

8 %

4 %

11 sesións T2

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 5: Llegar a 100... ¡Malo será!

UD8: Táboas, parámetros e gráficos estatísticos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 6: El legado de San Fiz de Azar

UD9: Azar e probabilidade.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.4, CA5.1, CA5.3, CA5.5, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 7: Taller de ArTeMática

UD11: Movementos no plano.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA3.1, CA3.4, CA3.5, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 8: GeoSoluciones SL

UD10: Problemas métricos no plano.

UD12: Corpos xeométricos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.3, CA3.5

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA3.2, CA3.4, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T3

11 sesións T3

1 sesión T3

Todos os REAS

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

20 %

(Reparto proposto de % por REA)

Todos os trimestres

8 sesións

(Reparto proposto de sesións por REA)

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 3º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, este REA promove activamente a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), conectando o traballo na aula co mundo real e coas grandes transformacións globais.

En concreto, contribúe a acadar os seguintes ODS:

  • ODS 7: Enerxía accesible e non contaminante. A optimización da aerodinámica no deseño de vehículos é unha ferramenta técnica clave para acadar o ODS 7, xa que impacta directamente na meta de mellorar a eficiencia enerxética.
  • ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura, ao achegarse o alumnado a procesos reais de investigación en enxeñería, comprendendo o papel das matemáticas no desenvolvemento tecnolóxico da aerodinámica. Isto permite permite simular na aula unha contorna profesional de I+D.
  • ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos, ao fomentar o traballo en equipo, a toma de decisións compartida e a comunicación e o liderado distribuído, simulando modelos reais de traballo científico.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Matemáticas de 3º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 5. "Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables", e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

A proposta é traballalo no segundo trimestre.

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contidos 4. "Sentido alxébrico" e 6. "Sentido socioafectivo".

Contidos Bloque da materia
  • C4.1 - Patróns
    • C4.1.1 - Patróns: identificación e comprensión, determinando a regra de formación de diversas estruturas en casos sinxelos.
    • C4.1.2 - Fórmulas e termos xerais: obtención mediante a observación de pautas e regularidades sinxelas e a súa xeneralización.
    • C4.1.3 - Transformación de expresións alxébricas. Identidades notables.
  • C4.2 - Modelo matemático
    • C4.2.1 - Modelización de situacións da vida cotiá usando representacións matemáticas e a linguaxe alxébrica.
    • C4.2.2 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.
  • C4.3 - Igualdade e desigualdade
    • C4.3.1 - Realización de operacións sinxelas con polinomios. Regra de Ruffini. Factorización de polinomios.
    • C4.3.2 - Identificación e aplicación da equivalencia de expresións alxébricas na resolución de problemas baseados en relacións lineais e cuadráticas.

Bloque 4

Sentido alxébrico

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 4 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 6 Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 7 Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos.
OBX 8 Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas.
OBX 9 Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10 Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)