Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 12 sesións, ao inicio do segundo trimestre.

Engloba os aspectos curriculares dos temas "Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. ¡Muévete!

1.1. En la parrilla de salida

1.2. Buscando la mejor técnica

Sesión de introdución e motivación sobre o reto.

Descríbese a formación de equipos e os elementos que compoñen o reto.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

1 sesión

Exploración (coñecementos previos):

2. Analizando el viento

2.1. Formas aerodinámicas

2.2. De la forma a la ecuación

2.3. Evolución de la aerodinámica

2.4. Soplando las velas

Sesións para conectar cos coñecementos de 2º da ESO.

2.1. e 2.2. Faise un repaso dos conceptos de expresións alxébricas, monomios, polinomios, suma e resta de monomios e polinomios.

Introdúcese os primeiros problemas contextualizados nas formas aerodinámicas dos coches para a realización de operacións sinxelas de polinomios (2 sesións) 

2.3. e 2.4. Inclúense problemas multinivel contextualizados. Contén preguntas e reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. (1 sesión)

3 sesións

Conexión:

3. Explora la aerodinámica

3.1. Los materiales

3.2. Las formas

3.3. Diseños notables

3.4. Las fórmulas

3.5. Las expresiones

3.6. El atajo

3.7. Los ajustes

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

3.1. e 3.2. Introdúcense os primeiros problemas contextualizados en túneles de vento para estudar a resistencia aerodinámica na realización de operacións con polinomios (1 sesión).

3.3. Introdúcense os conceptos de  identidades ou produtos notables e relacionase co deseño de cofres de coches analizando diferentes modelos xeométricos (1 sesión).

3.4. Introdúcense as operacións de división dun polinomio e a búsca dos ceros da función para determinar o punto onde o fluxo do aire se pecha correctamente (1 sesión).

3.5. Introdúcense a factorización do polinomio para atopar as raíces e determinar o punto onde toca o nivel cero da liña de flotación, e aplícanse os teoremas do resto e factorización para optimizar a hidrodinámica (1 sesión).

3.6. Sesión na que se controla o ángulo de voo estudando a sustentación dun modelo de á que se simplifica a súa descrición cun polinomio cúbico. Analízase para que valores de x o voo é viable, relacionando o ángulo de ataque coa sustentación xerada. Utilízase a división (método de Ruffini) como atallo para explorar o comportamento do polinomio e o mellor ángulo de voo (1 sesión).

3.7. Sesión con actividade na que se desenvolven os contidos, mediante a silueta dun coche aerodinámico empregando expresións polinómicas de grao elevado. Analízase como o aumento do grao suaviza a curva para mellorar o fluxo do aire pola carrozaría. Modélase e axústase a forma do coche para reducir o consumo de combustible (1 sesión).

6 sesións

Reto final

4. El empuje final

4. El empuje final

Proponse unha sesión para deseñar o reto tendo en conta os requisitos que debe cumprir.

Contén un exemplo dun posible resultado para facilitar a súa realización e comprensión.

1 sesión

Conclusión e avaliación:

5. ¡Que fluyan los modelos!

5. ¡Que fluyan los modelos!

Sesión vinculada á exposición do reto final e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos equipos na aula.

Auto-reflexión, individual e en equipos, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/as compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

Proba escrita (non incluída)

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)