Saltar navegación

1. Descrición xeral

¡Fluye!

Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos alxébrico (4) e socioafectivo (6) do currículo de 3º de ESO tomando como fío condutor a aerodinámica.

O alumnado coñecerá, entre outras cousas, por que os coches de carreiras son baixos e anchos ou por que as ás dos avións teñen forma alargada.

Identificará algúns dos tipos e problemas alxébricos que hai detrás da aerodinámica dando sentido ás operacións e á súa aprendizaxe.

Ademais incorporará estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través destas situacións reais motivadoras que terán distintos niveis de dificultade.

Para acadalo proponse o reto de facer un ensaio aerodinámico que lles permitirá a recollida de datos, a análise e a modelización do movemento dun obxecto, relacionando a súa posición co tempo.

As metas de aprendizaxe son:

  • Coñecer a importancia da aerodinámica no deseño de vehículos, edificios, obxectos...
  • Interpretar, describir e operar con expresións alxébricas, monomios e polinomios, e a súa aplicación neste contexto.
  • Resolver problemas de aerodinámica utilizando a expresión alxébrica máis adecuada.
  • Aprender a traballar en equipo de maneira eficaz, compartindo e construíndo coñecemento.
  • Saber como buscar, recoller, analizar e referenciar información en distintas fontes.
  • Aprender a utilizar calculadoras manuais e software de cálculo, de representación gráfica e de texto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)